Abel Losada recibe ao Cónsul Xeral de Venezuela en Vigo, Martín Pacheco Morillo

Abel Losada recibe ao Cónsul Xeral de Venezuela en Vigo, Martín Pacheco Morillo

19/03/2024

O subdelegado pediralle colaboración ao Corpo Nacional de Policía para o correcto desenvolvemento da xornada electoral do 28 de xullo.

Están chamados ás urnas 7.000 cidadáns venezolanos dos 32.000 inscritos no Consulado vigués.

613 senegaleses e senegalesas da provincia de Pontevedra poderán exercer o seu dereito ao voto o 24 de marzo.


O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu hoxe ao Cónsul Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo, Martín Pacheco Morillo, nun encontro institucional no que o representante venezolano pediu a colaboración da Subdelegación para o desenvolvemento da xornada electoral correspondente ás Eleccións Presidenciais do 28 de xullo.

O subdelegado do Goberno comprometeuse a trasladarlle ao Corpo Nacional de Policía a necesidade de manter unha actitude proactiva durante a xornada de votacións que terá como lugar habilitado para exercer o voto o propio Consulado, situado na rúa Velázquez Moreno. Tamén se solicitará a colaboración da policía local co obxecto de que o proceso de electoral se desenvolva con normalidade e sen incidentes.

Actualmente hai inscritos no Consulado Xeral de Venezuela en Vigo uns 32.000 venezolanos e venezolanas que habitan en Galicia, Asturias e na provincia de León, dos que aproximadamente un 10% (7.000) están chamados ás urnas o 28 de xullo.

Senegal

Abel Losada aproveitou para informar de que un total de 613 senegaleses e senegalesas poden votar nas Eleccións Presidenciais do seu país o próximo día 24 de marzo na provincia de Pontevedra. Para elo habilitaranse dúas mesas en Vigo que funcionarán como os dous únicos centro de votación na provincia de Pontevedra. A información sobre a súa ubicación concreta será trasladada pola Embaixada de Senegal nos próximos días.

O Consulado pediu colaboración ás autoridades españolas para o correcto desenvolvemento dos comicios. En total en Galicia teñen dereito ao voto 1.336 senegaleses e senegalesas, dado que tamén haberá dúas mesas intaladas na Coruña.