Maica Larriba subliña os primeiros doce meses no seu cargo como un período intenso de traballo

Maica  Larriba subliña os primeiros doce meses no seu cargo como un período intenso de traballo

10/07/2019


Dende o primeiro día, a subdelegada de Goberno quixo manter unha estreita relación co resto de administracións, especialmente con todos os concellos da provincia


A subdelegada  do  Goberno en Pontevedra,  Maica  Larriba, fixo hoxe balance do seu primeiro ano no cargo. Tal como indicou na súa intervención “ foi un ano onde quixen cumprir co meu  compromiso desde o meu nomeamento nunha nova política de transparencia, marcándome como obxectivo facer un labor de coñecemento desta institución que tantas veces pasa desapercibida entre a cidadanía”. Por iso,  Maica  Larriba expuxo un resumo de todas as actividades que se realizan desde os diferentes departamentos que conforman esta institución periférica do Estado. A subdelegada mantivo unha relación directa e comprometeu co resto de institucións locais e provinciais “ mantendo reunións intensas con todos aqueles que o requiriron para escoitar as súas reivindicacións ou problemas”. Respecto a isto,  Larriba quixo mencionar os tres momentos máis graves que viviu a provincia como a explosión da  pirotecnia ilegal de  Paramos, “para a que logramos a declaración de zona especial de emerxencia en apenas dous meses, logrando axudas e facilitando que estas mesmas, estivesen exentas de tributación no IRPF”. Hai que lembrar que a subdelegada de goberno puido comunicar a semana pasada a pronta resolución de máis de 1,4 millóns de euros cos que o  concello pode recuperar os investimentos realizados no desescombro da zona afectada. Tamén quixo lembrar o incendio e posterior afundimento dun catamarán turístico no Grove para lembrar o agradecemento á Garda Civil na coordinación do rescate e evacuación de feridos. Neste aspecto, fíxose mención ao accidente do Marisquiño en Vigo, polo que quixo, igualmente, recoñecer o labor dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Durante estes doce meses,  Maica  Larriba tentou ser o punto de desbloqueo en moitos asuntos que estaban enquistados no tempo.  Respecto a isto, quixo destacar o proxecto da variante de Ponteareas, “que levaba máis de dez anos de promesas e que no últimos catro anos non se había conseguido ningún avance. Traballando en conxunto co concello e o Ministerio de Fomento, logramos que se asumise a totalidade da obra pola administración central e axilizar a súa tramitación”.  Larriba tamén sinalou o proxecto de reposición dos viais nas parroquias de Chapela e  Teis, así como o proxecto das pantallas  antiruido que en breve verán a luz.

Por outra banda, a titular da Subdelegación de Goberno quixo, especialmente, agradecer aos 166 traballadores da institución, entre funcionarios e laborais, que como explicou  “son unha perfecta máquina  engrasada que leva a carga do traballo diario para que esta subdelegación funcione e que brindáronme todo o seu traballo para o bo facer desta subdelegada”.

En canto a actividade que realizan os diferentes departamentos da subdelegación, Larriba recordou o aumento dun 17,23% na oficina de información e rexistro ou as máis de 4.100 autorizacións  tramitadas desde a oficina de estranxeiría. Igualmente quixo comentar o traballo tan importante de Sanidade Exterior e Farmacia, onde se fai “un labor  importantísima para todos, centrado tanto na vixilancia das alertas sanitarias, como nos  decomisos de substancias estupefacientes. Igualmente subliñou a actividade do  departamento de sancións, o cal, recibiu máis de 8.700 actas de denuncias, sendo superior as tres outras provincias da nosa comunidade xuntas.

Por último, e na área de Industria a subdelegada subliñou a actividade de control nas provincias de Ourense e Pontevedra das 120 explotacións mineiras de granito e pizarra, “o que supón preto de mil operacións de subministración de explosivos e a realización de 4.500 actas de voaduras que son controladas polos nosos técnicos”, recordou Larriba . Amais inspecciónanse once talleres de fabricación de pirotecnia. “Por dar un dato Galicia é a segunda comunidade autónoma, tras Valencia, en instalacións deste tipo”, recoñeceu a subdelegada. Ademais de realizan as inspeccións de 95 establecementos de venda e comercialización deste tipo de produtos. O ano pasado controláronse 157 espectáculos de pirotecnia de máis de dez quilos de explosivos.