A Xunta Local de Seguridade de A Laracha acorda a incorporación da Policía Local ao sistema Viogen de seguimento de vítimas de violencia machista

A subdelegada do Goberno felicítase por este paso adiante de A Laracha na prevención e loita contra a violencia de xénero

Pilar López-Rioboo presidiu tamén a Xunta Local de Seguridade de Muxía, onde se analizou o dispositivo previsto para la Romería da Barca

12-07-2019

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, presidiu a Xunta Local de Seguridade de A Laracha xunto con seu alcalde, José Manuel López, na que se acordou a incorporación do corpo da Policía Local do Concello ao sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero VIOGEN.

Aínda que a policía local xa colaboraba activamente coa Garda Civil nesta materia, con este acordo dáse un paso máis nesta cooperación de forma que os axentes da policía local poderán efectuar este labor de xeito máis eficaz e directo, o cal beneficiará en último caso ás mulleres que nestes intres sufren algunha amenaza de violencia machista en A Laracha. A subdelegada do Goberno en A Coruña felicitouse deste avance lembrando que en A Laracha hai activos cinco casos deste tipo no sistema Viogen e que xa funcionan con normalidade as mesas locais de prevención de violencia machista neste concello.

Na Xunta Local tamén se analizaron os datos de seguridade de A Laracha referidos ao primeiros cinco meses deste ano. Estas cifras apuntan a que nestes meses hai un ascenso do número de infraccións penais rexistradas que van acompañadas dun aumento da eficacia policial en casi un 57%.

MUXÍA

Posteriormente a subdelegada do Goberno en A Coruña trasladouse á localidade de Muxía onde presidiu, xunto co alcalde, Santiago Toba, a reunión da Xunta Local de Seguridade, á que tamén asistiron os responsables da Policía Local, Protección Civil e Garda Civil destinada nesta zona.

No encontro aprobouse o dispositivo de seguridade previsto para os festexos da Romaría da Barca, que este ano desenvolverase na semana do 15 de septembro pola coincidencia do día 8 en domingo. Como en anteriores ocasión, incrementarase a presenza de efectivos da Garda Civil e da Agrupación de Tráfico, que realizarán controis preventivos de alcol e drogas para garantir a seguridade na condución, fundamental nunha festa na que se producen numerosos desprazamentos a pé usando as vías de acceso ao santuario. Entre outras medidas, manterase a unidireccionalidad do tráfico neses días no principal acceso á localidade. Na fin de semana grande desprazarase a Muxía a Unidade de Seguridade Cidadá (USECI) da Comandancia da Garda Civil da Coruña e os os medios do Servizo Marítimo da Garda Civil.

Como novidade, porase en funcionamento nos días de festa un Punto de Atención Violeta para sensibilizar ao público, e atender, informar e axudar ás vítimas de calquera tipo de agresión sexista.

Na Xunta Local analizouse tamén os datos de delincuencia rexistrados en Muxía nos primeiros meses do ano.Os datos aportados pola Garda Civil apuntan a un descenso superior ao 35% do número de infraccións penais cometidas de xaneiro a maio en comparación co mesmo período do ano pasado.

SAÚDOS