A Delegación do Goberno lembralles ás librarías galegas que poden solicitar as achegas extraordinarias polas perdas derivadas da pandemia

A Delegación do Goberno lembralles ás librarías galegas que poden solicitar as achegas extraordinarias polas perdas derivadas da pandemia

21/08/2020


O obxectivo desta medida é protexer a un sector que actúa como motor da industria editorial

O Goberno mantén a súa aposta polo escudo social fronte á pandemia para que ninguén quede atrás


A Delegación do Goberno lembralles ás librarías galegas que poden solicitar as achegas extraordinarias polas perdas derivadas da pandemia da COVID-19. Son 4 millóns de euros do Ministerio de Cultura e Deporte para financiar proxectos de adaptación estrutural e mantemento.

O delegado do Goberno, Javier Losada, subliñou que esta liña de achegas está aberta ata a próxima semana para librarías independentes. Os únicos requisitos nos establecementos xeralistas son ter más de 3.000 títulos e nos especializados, máis de 1.500.

Revelou tamén que entre os proxectos a financiar poden estar a realización de obras e adaptación física dos establecementos ás novas circunstancias dadas pola crise sanitaria, a adaptación da prestación do servicio ao cliente ás condicións de seguridade sanitaria e a renovación tecnolóxica das entidades que lles permita levar a cabo a venda a través de internet de forma normalizada e competitiva, mellorar a relación electrónica coa Administración, e o desenvolvemento normal do teletraballo.

A Delegación do Goberno destaca o traballo do ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, por Galicia. Ademáis desta medida, ten outras actuacións nos últimos meses que mostran o seu compromiso coa Comunidade, entre as que destacan o impulso ao Xacobeo 2021, que xa conta cunha prórroga dos seus beneficios fiscais ata 2022, coas máximas cantidades que pode establecer o Goberno.

Esta medida enmárcase na aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crise con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir a falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.

As aportacións económicas directas do Goberno teñen un impacto en Galicia de ao redor de 400.000 persoas. Tamén hai partidas directas de inxección de liquidez pública, coma o reparto destes fondos de servizos sociais, os entregados de maneira directa a sanidade ou os dados á autonomía, pendentes de novos repartos das sucesivas partidas, para afrontar os gastos derivados da pandemia.