Javier Losada agradece aos empregados públicos de Galicia o seu esforzo para tramitar os 1.572 millóns da nómina de prestacións sociais durante a pandemia na Comunidade

Javier Losada agradece aos empregados públicos de Galicia o seu esforzo para tramitar os 1.572 millóns da nómina de prestacións sociais durante a pandemia na Comunidade

20/01/2021

Máis de 200.000 traballadores e traballadoras de Galicia estiveron nalgún momento dende abril baixo o paraugas de protección dos ERTEs

O Goberno de España abonou a 95.938 autónomos e autónomas de Galicia 286,5 millóns de euros en prestacións

Ata decembro xa se concederon 23.775 prestacións do Ingreso Mínimo Vital en Galicia (13.403 para adultos e 10.372 a menores)


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia cos responsables das direccións provinciais da Tesorería Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Instituto Social da Marina e Servizo Estatal de Emprego Público, a quen lles transmitiu o agradecemento do Goberno do España pola súa resposta durante a pandemia.

Javier Losada lembrou que de abril a decembro o Goberno de España abonou en prestacións sociais en Galicia 1.452  millóns de euros destinados a blindar o escudo social fronte á COVID. Trátase dunha cantidade que duplica á abonada no mesmo periodo do ano anterior, e que resulta de sumar as prestacións por desemprego, os ERTEs e as prestacións a autónomos.

O delegado recoñeceu o compromiso que asumiron os empregados encargados da súa tramitación: “un esforzo que continúa e que se extenderá durante este ano, tendo en conta os recentes acordos para prorrogar estes beneficios ata o 31 de maio de 2021”.

Respecto aos ERTEs, Javier Losada lembrou que no pico da pandemia estiveron en ERTE 165.000 traballadores e traballadores de Galicia (abril) e que a nómina por este sistema de protección laboral e social sumou na Comunidade Galega 590 millóns de euros ata fin de ano. Así, indicou que 207.013 asalariados e asalariadas galegas estiveron nalgún momento baixo o paraugas de protección desta figura.

Por último, no emprego autónomo, as prestacións abonadas polo Goberno de España en Galicia ascenderon a 286,5 millóns de euros  que chegaron a 95.938 autónomos e autónomas cuxa actividade estaba afectada pola pandemia.