José Miñones avanza que o Goberno busca que os Fondos Next Generation constrúan unha Galicia “verde, social, dixital e inclusiva”

20/04/2021

O delegado do Goberno mantén o seu primeiro encontro de traballo co presidente da Xunta, ao que lle ofrece ser “nexo de unión” co Executivo

José Miñones lembra o escudo social do Goberno para non deixar a ninguén atrás, que en Galicia supuxo 7.700 millóns de euros

Os Orzamentos Xerais do Estado deste ano sitúan á Comunidade como segunda con máis transferencias directas

O “diálogo” e o “entendemento” son as prioridades do delegado para continuar con avances en todos os ámbitos, como as infraestruturas


O delegado do Goberno, José Miñones, avanzou hoxe que o Executivo busca que os Fondos Next Generation constrúan unha Galicia “verde, social, dixital e inclusiva”. Expresouse así tras manter o seu primeiro encontro de traballo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Na súa primeira visita a San Caetano, José Miñones detallou que “a principal preocupación” actual é “a loita contra a pandemia”. “Desde o Goberno entendemos que é necesario manter unha liña de colaboración coa Xunta”, agregou e o exemplificou coas “máis de 100.000 doses de vacina” entregadas onte, para sumar en total “máis dun millón”.

Resumiu a actitude do Goberno con tres palabras: “Colaboración, colaboración e colaboración”. E lembrou o “escudo social que desde o Goberno se levantou para non deixar a ninguén atrás e que se traduce en 7.700 millóns de euros de financiamento en ERTE, axudas a autónomos e liquidez ás empresas en Galicia”, engadiu.
Explicou ademais que os Orzamentos Xerais do Estado deste ano sitúan a Galicia “como a segunda Comunidade con máis transferencias directas e a sexta en investimento real por habitante e recuperación”, desvelou.

Asociado á pandemia está o proceso de recuperación, no que o impulso do investimento público debe ser fundamental. “Teño o mandato do presidente do Goberno para que desde Galicia aproveitemos esta oportunidade única dos Fondos Next Generation”, subliñou.

Nese senso, enfatizo sobre a necesidade da “máxima colaboración e compromiso para que estes fondos permitan impulsar Galicia” e construír unha Comunidade “verde, social, dixital e inclusiva”, asegurou.

O delegado do Goberno explicou que o organismo que dirixe “é un Ministerio de ministerios” e ofreceu que a Delegación funcione “como nexo de unión entre o Goberno e a Xunta” para conseguir “acordos continuados para o beneficio de Galicia”, aseverou.
Con respecto ás infraestruturas, José Miñones destacou a sintonía entre o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, e o presidente da Xunta no encontro do pasado 9 de abril. Esto quedou patente no avance das diferentes actuacións, nomeadamente na chegada da Alta Velocidade a Galicia, fixada para o segundo semestre deste ano.

“O diálogo e o entendemento fan posibles os acordos e así quedou demostrado. Estamos na recta final dalgunhas grandes infraestruturas historicamente demandadas”, concluiu.