A DGT comeza mañá unha campaña especial de control do consumo de alcol e drogas entre os condutores de Galicia

A DGT comeza mañá unha campaña especial de control do consumo de alcol e drogas entre os condutores de Galicia

15/06/2021

A Delegación do Goberno advirte sobre a combinación entre consumo de alcol e exceso de velocidade nas estradas galegas e mañá tratará esta casuística na Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade Viaria

Na mesma campaña realizada en decembro de 2020 denunciáronse a 160 conductores por consumo de alcohol e a 135 por consumo de drogas

A pasada fin de semana detectáronse en Galicia 202 conductores con resultado positivo nos case 6.000 controis realizados polo Sector de Tráfico da Garda Civil


A Delegación do Goberno en Galicia informa de que mañá comenzará unha campaña especial de Tráfico co obxectivo de diminuír o consumo de alcol e drogas ao volante. Ata o próximo martes, día 22, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis de alcoholemia e presenza de drogas nas estradas de Galicia. Nesta iniciativa a DGT fomenta ademais a colaboración cos concellos das catro provincias para realizar probas en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de maior afluencia.

A Delegación do Goberno lembra que o alcol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes mortais de circulación e advirte da súa presenza crecente entre os conductores. Entre a noite do pasado venres e a mañá do domingo, os axentes do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia efectuaron 5.789 controis de alcohol e drogas nas estradas galegas. Como resultado destes controis, 202 condutores deron resultado positivo nalgunha das probas e a 21 instruíronselles dilixencias penais.

De feito, a combinación do consumo de alcol co exceso de velocidade será un dos temas que centrarán a reunión da Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade Viaria, que presidirá mañá o delegado do Goberno, José Miñones.

Campaña anterior

Na mesma campaña realizada en decembro do ano pasado realizáronse en Galicia 16.156  probas de alcolemia, das que 305 deron positivo. En canto ás probas de drogas, realizáronse 356, das que resultaron positivas 165.

No que respecta á actividade ordinaria, entre xaneiro e abril deste ano, a Garda Civil de Tráfico efectuou en Galicia 188.235 probas de alcolemia, das que 3.139 arroxaron un resultado positivo, co que a taxa de positivos é de 1,6%. O perfil de positivo segue a ser o de varón con idades entre 45 e 64 anos.