Maica Larriba agradece a Ignacio Cuartero a súa entrega e dedicación a prol da Escola Naval de Marín e da súa contorna

23/07/2021

A subdelegada do Goberno recibiu esta mañá ao director da Escola Naval de Marín, que se despide do seu cargo para integrarse no Estado Maior da Armada.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, recibiu esta mañá na Subdelegación do Goberno ao capitán de navío e director da Escola Naval Militar de Marín, Ignacio Cuartero Lorenzo, con motivo da súa despedida como máximo responsable desta institución

A subdelegada do Goberno quixo agradecer ao capitán “o labor desenvolvido nos últimos anos. Un traballo excelente, ao que se entregou con total afán e dedicación e que contribuíu a dinamizar as relacións entre a Escola Naval e a súa contorna, e que desafortunadamente, no último ano e medio viuse marcado pola pandemia”. Maica Larriba agradeceu tamén “a boa disposición e total colaboración amosada sempre con esta Subdelegación”.

Así mesmo, Larriba desexoulle todos os éxitos na súa nova etapa no Estado Maior da Armada, un “recoñecemento máis que merecido á súa entrega, esforzo e dilatada carreira profesional, que estou segura non diminuirá o importante vínculo e apego persoal que o capitán sente por esta cidade e esta provincia”.