José Miñones certifica o compromiso do Goberno coas mozas e os mozos de Galicia con máis bolsas, máis cultura e un acceso á vivenda máis sinxelo grazas aos Orzamentos

15/10/2021

Máis de 49.000 estudantes de Galicia poderán beneficiarse das bolsas para o estudo, que alcanzan cantidades récord

O bono cultural para mozas e mozos chegará a máis de 24.000 galegas e galegos, con 3,8 millóns de euros

Os Plans de Cooperación Territorial do Ministerio de Educación destinarán 162 millóns de euros a Galicia

José Miñones lembra que estes Orzamentos son os máis sociais da historia

O delegado do Goberno, José Miñones, certificou hoxe o compromiso coas mozas e os mozos de Galicia con máis bolsas de estudo, máis cultura e un acceso á vivenda máis sinxelo grazas ao proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022.

José Miñones explicou que as contas están “centradas nas mozas e nos mozos” con partidas a nivel global que duplican os orzamentos de 2021, con 12.550 millóns de euros. “Son unha aposta por mellorar as oportunidades e perspectivas de futuro dun dos colectivos máis prexudicados pola pandemia”, engadiu.

Entre todas as partidas destaca a vinculada ao acceso á vivenda. O Goberno busca que as mozas e os mozos teñan a capacidade de saír das casas das súas familias. Para iso, Galicia contará con 142 millóns de euros. Son 130 para favorecer o acceso á vivenda e o fomento da edificación e 12 millóns para o Bono Aluguer Xove.

Este bono é unha medida para favorecer a emancipación e o acceso á vivenda. Inclúe unha achega directa de 250 euros ao mes durante dous anos ás mozas e os mozos asalariados de entre 18 e 35 anos con baixas retribucións.

No ámbito da educación, os Orzamentos Xerais do Estado para 2022 chegan cunha cifra récord en bolsas de estudo. Poden beneficiar a máis de 49.000 estudantes de Galicia e, como novidade, aparecen as achegas para aspirantes a xuíz, fiscal, avogado do Estado ou letrado da Administración de Xustiza.

Os Plans de Cooperación Territorial do Ministerio de Educación e Formación Profesional destinarán 162 millóns de euros a Galicia. Os obxectivos son, entre outros, a compra de libros de texto ou a creación de unidades de orientación e acompañamento.

Coas contas tamén hai importantes beneficios en materia cultural. Incentívase o acceso á cultura por parte das persoas máis novas cun novo bono que terá máis de 24.000 beneficiarios e beneficiarias en Galicia. As actuacións culturais e deportivas previstas contarán con 3,8 millóns de euros.

José Miñones lembrou que estes Orzamentos son os máis sociais da historia e que poñen o foco especialmente nas novas xeracións. Implican tamén importantes partidas para Formación Profesional, reforzo da inserción, estabilidade laboral, emprego das persoas máis novas e promoción de hábitos saudables e sustentables de consumo, neste caso para nenas, nenos e adolescentes.