A subdelegada do Goberno en Pontevedra agradece en nome dos cidadáns a labor da Policía Nacional no seu 195 aniversario

A subdelegada do Goberno en Pontevedra agradece en nome dos cidadáns a labor da Policía Nacional no seu 195 aniversario

06/02/2019


Larriba recorda o compromiso dos corpos e forzas de seguridade do Estado na defensa das liberdades da veciñanza


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou hoxe na celebración do 195 aniversario de creación da Policía Nacional celebrado na comisaría de Vigo-Redondela xunto o comisario xefe, Luis Gallego, e outras autoridades.

O acto tamén serviu para entregar diplomas e medallas a varios membros da Policía Nacional en recoñecemento da súa labor cando pasan a situación de xubilación, entre eles o anterior comisario, Emilio Fernández.

A subdelegada comezou a súa intervención agradecendo a todos aqueles   que hoxe recibían estes galardóns a súa entrega e compromiso o longo dos seus anos de servizo coa cidadanía. “O voso traballo ao longo dos últimos anos fixo de Vigo e Redondela dúas cidades máis seguras para todos e quero unir as miñas palabras aos cidadáns e cidadás de ambas as localidades para darvos as grazas. Grazas pola vosa dedicación, traballo e compromiso diario”.

Facendo historia, Larriba, recordou que foi “o rei Fernando VII quen promulga en 1824 unha cédula para dotar ás cidades dunha estrutura de seguridade. Con dúas características moi importantes. Protexer os dereitos dos cidadáns e perseguir a aqueles que os vulneran para poñelos en mans da Xustiza”.

“É a Constitución de 1978 –continuou a subdelegada- a orixe do que hoxe coñecemos como o Corpo Nacional de Policía. É o artigo 104 da Carta Magna a que outorga aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, dos cales sodes un alicerce fundamental, encoméndaa de protexer o libre exercicio dos dereitos, liberdades e garantir a seguridade cidadá. Unha misión fundamental nun estado de dereito como o que vivimos”.

Maica Larriba tamén destacou como un fito moi importante, do que se compren 40 anos, a participación da muller na Policía Nacional e precisamente quixo ter un recordo para “á vosa compañeira Vanesa Lage, que recibiu varios disparos ao acudir a un atraco fai apenas cinco anos. Sirvan as miñas palabras como unha sentida homenaxe de toda a cidade pola súa entrega. Isto demostra os riscos inherentes á vosa profesión pola que reitero os cidadáns deste país debemos estar agradecidos”.

Por último, a subdelegada recoñeceu que os últimos anos foron moi duros para a plantilla da Policía Nacional polo escaso nivel de substitución das baixas pero “tamén sabedes o compromiso deste Goberno por ir revertendo esta situación”. Finalmente a subdelegada agradeceu a todos os membros da comisaría e en especial aos seus mandos polo grado de cooperación demostrado dende o primeiro momento da súa toma de posesión.