Maica Larriba subliña a formación como un instrumento básico da reinserción do sistema penal

Maica Larriba subliña a formación como un instrumento básico da reinserción do sistema penal

11/03/2019


Larriba e a directora provincial do SEPES, Marta Estrada fan un percorrido polas instalacións onde 115 reclusos reciben formación en catro especialidades


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba xunto coa directora provincial do SEPES, Marta Estrada e a directora do centro penal de A Lama, Teresa Delgado, fixeron hoxe un percorrido polos distintos talleres e obradoiros nos que participan 115 reclusos e reclusas.

A subdelegada do Goberno subliñou a formación como o instrumento básico de reinserción do sistema penal no noso país e lavou “o traballo que dende A Lama se fai cun esforzo importantísimo para que as persoas que están a cumprir condena podan o saír ter una formación adecuada para a reinserción”. Os cursos que está a subvencionar o SEPES son catro módulos de 350 horas cada un nas especialidades de auxiliar de confección industrial, auxiliar de pintura, auxiliar de panadería e bollería e modelado de cerámica. Amais, previamente a estes módulos, ofrécense outros necesarios como competencia matemática, en lingua, e de operacións básicas de cociña e panadería.

Con esta formación, que neste intre ocupan a 115 reclusos, garantírase a posibilidade de obter os correspondentes certificados de profesionalidade que acreditan a estas persoas para desenvolver o seu traballo no mercado laboral.

Larriba asegurou que, na actualidade, estes cursos teñen unha alta demanda entre a poboación do centro penal “chegando neste intre ao case o 10 por cento dos reclusos”. En concreto o SEPES achega unha financiación de máis de 132.000 euros para subvencionar, entre outros,  os custes do profesorado.

A subdelegada tamén quixo destacar a implicación de todo o persoal e da dirección do centro  de A Lama, neste momento en mans de Teresa Delgado, e da propia dirección provincial do SEPES e de todos os seus funcionarios para poder desenvolver esta formación con todas as garantías.