Maica Larriba reclama a formación viaria durante tódalas etapas educativas

Imaxe de familia

19/10/2019

A subdelegada do Goberno en Pontevedra entrega os premios do concurso de debuxo “Ponte a Conducir 2019”

Nesta edición, foron galardoados oito participantes desta nova edición do concurso de debuxo organizado pola Plataforma Galega de Seguridade Viaria, na que participaron alumnos e alumnas de Infantil e Primaria da provincia


Nun emotivo acto celebrado na Subdelegación do Goberno, fíxose entrega dos premios da nova edición do Concurso de Debuxo “Ponte a Conducir”. Tal como quixo recalcar a subdelegada, Maica  Larriba, “a necesidade de iniciar de forma temprá a educación viaria axúdanos a garantir que estes futuros novos condutores estean concienciados na responsabilidade que significa ter un volante nas mans, tanto para eles mesmos como para o resto, motivo que nos ten que levar a reclamar medidas xa actividades educativas nesta área formativa dos futuros cidadáns e cidadás”.

Desta forma e coa presenza de diversos representantes da Policía Nacional, Garda Civil, Cruz Vermella e Tráfico na provincia e a deputada provincial, Victoria Alonso,  Maica  Larriba fixo entrega aos galardoados nos diferentes niveis educativos, polos seus debuxos relacionados coas normas básicas da circulación viaria e o respecto á normativa vixente.

Larriba tamén destacou as boas cifras obtidas durante os meses de verán deste ano no que as vítimas mortais na provincia descenderon nun 75 por cento, aínda que recoñeceu que as estatísticas anuais seguen a ser moi altas. Por último, a subdelegada animou aos escolares premiados a indicarlle os seus pais e nais que conduzan respectando a sinalización.    

Xunto aos seus familiares, os oito nenos e nenas pertencentes a centros escolares de Pontevedra, Amil-Moraña e Cangas, recibiron as felicitacións de todos os asistentes.

En concreto, os gañadores deste ano foron en Infantil, Sofía Durán García da Escola Infantil Concepción Crespo de Pontevedra e Manuel Gómez  Gamallo da Escola Infantil de Amil-Moraña. No Primeiro Ciclo de Primaria, os premiados foron Carlota Chacón  Argibay do CEIP Parada Campañó e Breixo  Sobral Rodríguez do Colexio Campolongo, ambos de Pontevedra. No Segundo Ciclo de Primaria, repite o CEIP Parada de Campañó coas súas alumnas Carla Belo Aldao  e Sara Tilve Lorenzo. Finalmente, os debuxos presentados por  Antonella Díaz de Ulloa Mouriño do Colexio Os Salgueiros en Cangas e Lucía Lorenzo Portas do Colexio Mourente Vilaverde foron as seleccionadas para os premios nos niveis de 5º e 6º de Primaria.