O número de empregadas e empregados públicos nas administracións en Galicia ascende a 147.092 persoas

O número de empregadas e empregados públicos nas administracións en Galicia ascende a 147.092 persoas

14/02/2020


O 58,5% dos efectivos ao servizo das administracións públicas en Galicia son mulleres e o 41,5% son homes

A Administración do Estado dispón en Galicia de 27.007 efectivos, dos que 12.452 están na provincia da Coruña; 2.771, en Lugo; 2.605, en Ourense e 9.179, na provincia de Pontevedra.

O Boletín Estatístico adopta un novo formato máis transparente: distingue os departamentos ministeriais dos seus organismos autónomos, inclúe as universidades públicas dentro das CC.AA. ou inclúe novos organismos no sector público do Estado


A Delegación do Goberno en Galicia informa que o número de empregados e empregadas públicos na Comunidade ascende a 147.902, segundo o último boletín estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas, que hoxe publica o Ministerio de Política Territorial e Función Pública.

Da análise destos datos, que corresponden a xullo de 2019, pódese destacar que o 58,5% do personal público son mulleres, mentres que o 41,5% son homes. A porcentaxe de mulleres no sector público en Galicia é superior ao da media do Estado, onde acadan o 56,25%.

A Administración do Estado dispón en Galicia de 27.007 efectivos, dos que 12.452 están na provincia da Coruña; 2.771, en Lugo; 2.605, en Ourense e 9.179, na provincia de Pontevedra. Pola súa banda, a Administración Autonómica ten 93.368 empregados e a Administración Local 27.527.

DATOS NACIONAIS

A nivel do Estado, os 2.595.575 empregados públicos repártense entre as distintas administracións públicas así: 57,76% presta servizo no sector público das comunidades autónomas, 19,80% no sector público do Estado e o 22,43% no sector público das entidades locais. O número de empregados públicos aumentou en relación aos datos do anterior boletín estatístico (xaneiro 2019) en 17.187 efectivos.

Doutra banda, no conxunto das administracións públicas, o 56% é persoal funcionario de carreira, o 22,4% é persoal laboral e o resto do persoal (persoal funcionario interino, persoal eventual e outro persoal) supón o 21,60%.

O Sector Público do Estado conta hoxe con 513.954 empregados públicos, 6.124 máis que no anterior semestre. Destes, 231.760 pertencen á Administración Xeral do Estado, persoal dos ministerios e dos seus organismos. Estas cifras exclúen ao persoal de Forzas Armadas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Administración de Xustiza.

NOVIDADES DESTE BOLETÍN ESTATÍSTICO

Entre as novidades que presenta este último boletín estatístico destacan, por unha banda, que a súa estrutura de datos adáptase á Lei 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público, o que implica, por exemplo, a  desagregación da información distinguindo os departamentos ministeriais dos seus organismos autónomos, a inclusión das universidades públicas dentro das comunidades autónomas ou  a inclusión de novos organismos no sector institucional do Estado.

Doutra banda, co obxectivo de maior transparencia e aproveitando os novos recursos que proporcionan as tecnoloxías da información, pódese acceder por primeira vez a todos os datos cos que se elabora este boletín, o que facilitará a todos os interesados traballar directamente coa información.