O Goberno habilita 37 establecementos turísticos de Galicia para aloxar a traballadores esenciais e viaxeiros que se despracen por causa maior durante o Estado de Alarma

O Goberno habilita 37 establecementos turísticos de Galicia para aloxar a traballadores esenciais e viaxeiros que se despracen por causa maior durante o Estado de Alarma

25/03/2020


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, agradece a colaboración do sector turístico para dar un servizo esencial neste momento e reitera a dispoñibilidade do Goberno para axudar á súa axeitada prestación

Os establecementos poderán acoller a traballadores de servizos básicos, como os profesionais sanitarios, e a cidadáns que se trasladen por alguna das causas permitidas no Real Decreto do Estado de Alarma

15 sitúanse na provincia da Coruña; 6, na provincia de Lugo; 5, na provincia de Ourense e 11, na provincia de Pontevedra.

Tamén poderán ofrecer servizos de restauración pero só ás persoas aloxadas


O Goberno habilita 37 establecementos turísticos de Galicia para que poidan aloxar durante o Estado de Alarma a traballadores de servizos básicos e cidadáns que viaxen ao abeiro dalgunha das excepcións previstas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. O delegado do Goberno, Javier Losada, agradeceu ao sector turístico a súa disposición a prestar este servizo que é básico e reiterou a dispoñibilidade do Goberno para axudar á súa axeitada prestación.

O BOE recolle hoxe a orde ministerial do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana pola que declaran servizos esenciales a determinados aloxamentos turísticos, e que detalla os establecementos ubicados en Galicia, que se distribúen en 15 na provincia da Coruña, 6 na provincia de Lugo, 5, na provincia de Ourense e 11, na provincia de Pontevedra. No listado inclúense hoteis, aparhoteis, hostais, campings, albergues e vivendas de uso turístico.

Segundo se explica na orde ministerial, a apertura destes establecementos será considerado esencial e deberán permanecer en funcionamento. Dacordo con este regulamente, estarán pechados ao público xeral, pero acollerán a traballadores de servizos básicos, como profesionais sanitarios, transportistas, membros dos corpos de seguridade, responsables dos sistemas de redes ou eléctricos. Ademais, permitirán que se aloxen cidadáns que viaxen por algunhas das excepcións establecidas no estado de alarma, especialmente se o fan para coidar a maiores, menores, discapacitados ou persoas especialmente vulnerables ou con necesidades de atención sanitaria. Ademáis, tamén poderán dar servizo a todas aquelas persoas que por causa de forza maior ou situación de necesidade requiran asegurar aloxamento puntual con urxencia.

Enlace ao texto da disposición ministerial no Boletín Oficial do Estado