A Subdelegación do Goberno comeza a repartición de 5.000 máscaras para o seu uso nas residencias de maiores ubicadas no Concello da Coruña

A Subdelegación do Goberno comeza a repartición de 5.000 máscaras para o seu uso nas residencias de maiores ubicadas no Concello da Coruña

16/04/2020

Pilar López-Riobóo explica que esta acción enmárcase no plan de distribución de máscaras a entidades que integran o tecido social de Galicia, moitas delas en contacto directo coa poboación de maior risco

A subdelegada informa que onte comezou na cidade da Coruña coa entrega de máscaras á delegación local de Cáritas

O obxectivo destas reparticións é o de chegar ao maior número de persoas que desenvolven actividades esenciais vinculadas ao ámbito socio-asistencial


A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, supervisou esta mañá a repartición de máscaras sanitarias a dúas residencias de maiores no Concello da Coruña: El Remanso e Adcor, dentro do plan para entregar neste días 5.000 unidades destes elementos de protección hixiénica a tódolos centros de maiores ubicados na cidade coruñesa.

A subdelegada acudiu esta mañá a estas dúas residencias para comprobar como se desenvolve esta acción, que se integra na estratexia de repartición de máscaras ao tecido social da comunidade galega que comezou onte. Así, Pilar López-Rioboo explicou que na Coruña xa se entregaran os primeiros lotes de máscaras á delegación local de Cáritas, para favorecer a seguridade sanitaria da súa actividade asistencial.

A subdelegada do Goberno lembrou que a provincia da Coruña dispón dende o luns de 250.000 máscaras sanitarias para a súa repartición. Nos dous primeiros días da semana, desenvolveuse unha destacada acción de distribución de máscaras aos traballadores que retomaban a súa actividade tras a hibernación e desprazábanse en transporte público. Agora, esta actuación intensifícase coa entrega de máscaras ao tecido social e no mesmo posto de traballo, coa intención de chegar ao maior número de persoas que desenvolven a súa actividade en sectores esenciais vinculados ao ámbito social. A subdelegada insistou en que moitas destas asociacións e entidades traballan directamente coa poboación de maior risco.

A subdelegada do Goberno aproveitou esta ocasión para reiterar o recoñecemento público e o agradecemento da sociedade a tódolos voluntarios e traballadores dos servicios sociais e asistenciais da provincia así como o esforzo dos efectivos da Policía Nacional,  Garda Civil,  Policía Local e as agrupacións de Protección Civil dos concellos coruñeses polo traballo que están desenvolvendo nesta situación excepcional.