Isabel Rodríguez anuncia que os barcos da Mariña poderán pescar 798.727 kilos de xarda este ano, 138.000 máis dos inicialmente previstos

Isabel Rodríguez anuncia que os barcos da Mariña poderán pescar 798.727 kilos de xarda este ano, 138.000 máis dos inicialmente previstos

23/04/2020


A subdelegada do Goberno informa de que a Secretaría Xeral de Pesca vén de publicar a resolución que aumenta a cota para a flota de artes

A resolución da Secretaría Xeral Pesca, que publica hoxe o BOE, tamén recolle o listado de barcos con topes de captura individual para a campaña 2020


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que aumenta a 798.727 kg a cota de xarda que poderán pescar este ano os barcos da Mariña, tal e como anuncia o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Isabel Rodríguez destacou que son 138.172 kg máis dos 616.230 kg inicialmente previstos os que lle corresponden á flota da Mariña. Tal e como explica o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación este aumento débese á cantidade adicional de cota conseguida por España.

Esta cantidade extra procede, por un lado, da compensación de multa de xarda 2020, da que lle correspondían a Lugo 45.024 kilos, e, por outro, da aplicación da Resolución da Secretaría Xeral de Pesca pola que se reparte a cota adicional obtida por intercambio cos Países Baixos, que establece unha cantidade de 93.148 kilos para a flota de outras artes distintas do arrastre e cerco da provincia de Lugo.

 

Deste xeito, a cantidade a maiores da inicialmente prevista que lle corresponde este ano á devandita flota da Mariña é de 138.172 kilos, que a Secretaría Xeral de Pesca distribuíu, logo de consultar a Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, reservando 737.104 kg para os barcos que, realizando as súas capturas con liñas de man e/ou cordel, conten con topes de capturas individual.

A Secretaría Xeral de Pesca publica hoxe no Boletín Oficial a resolución na que dá conta do aumento da cota e tamén o listado dos 39 barcos que poden facer pesca dirixida cos topes de captura que teñen asignados cada un deles para a campaña 2020.