Minuto de silencio na memoria das vítimas do COVID-19 convocado pola Subdelegación do Goberno en Lugo

Imaxe do minuto de silencio

05/06/2020

Na última xornada dos dez días de loito, Isabel Rodríguez lembra a todas as persoas que faleceron pola pandemia e pídelle aos lucenses sigan a cumprir as medidas de prevención sanitaria


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríquez, presidu hoxe un minuto de silencio que se gardou na Subdelegación do Goberno na memoria das vítimas do COVID-19 no último dos 10 días de loito xeral.

Isabel Rodríguez explicou que “con este pequeño acto queremos lembrar a todas as persoas falecidas e compartir a dor que sínten as súas familias e amigos e tamén queremos sinalar que formarán parte sempre da nosa memoria colectiva”.

A subdelegada tamén fixo un chamamento aos lucenses para que manteñan o comportamento cívico e solidario demostrado desde o comezo da pandemia e peiulles que sigan a cumprir coas medidas de prevención sanitaria “pois só así seremos quen de vencer definitivamente ao virus”.

No acto simbólico convocado pola Subdelegación do Goberno na derradeira xornada do loito oficial participaron, xunto con persoal desta institución, o comisario xefe provincial da Policía Nacional, José María Esteban; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel Gonzáles Arias, e os deputados provinciais Pablo Rivera e Mayra Gómez.

As dez xornadas de loito oficial en España rematarán a próxima medianoite. Ata ese momento, as bandeiras oficiais da Subdelegación do Goberno, igual que as do resto de edificios públicos, onderán a media asta como sinal de loito.

Audio da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez (mp3)