Primeira visita institucional do novo subdelegado de Defensa á Subdelegación do Goberno

Primeira visita institucional do novo subdelegado de Defensa á Subdelegación do Goberno

20/01/2021

Maica Larriba recibiu ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra.

A subdelegada do Goberno, Maica   Larriba, recibiu esta mañá ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra. Esta era a primeira visita institucional de Cortés á Subdelegación do Goberno.

Durante o seu encontro, Larriba, que xa estivera na súa toma de posesión celebrada o pasado 18 de decembro, quixo trasladar unha vez máis os seus parabéns ao coronel, así como ofrecer a súa total “disposición para colaborar en todos aqueles asuntos da provincia que atinxan as dúas Subdelegacións”.

Pola súa banda, o subdelegado de Defensa agradeceu o recibimento e quedou a disposición da Subdelegada. O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo é coñecedor da provincia de Pontevedra, xa que ata o pasado mes de decembro era o responsable da Base Xeneral Murillo, desde onde opera a BRILAT.