Isabel Rodríguez fai entrega a entidades sociais da provincia de 28.000 máscaras que lles facilita o Goberno

03/03/2021

 Desde o comezo da pandemia, Cruz Vermella, Cermi e Cáritas recibiron 126.500 máscaras para a protección de lucenses vulnerables
 Nos próximos días a subdelegada distribuirá outro lote de máscaras destinadas aos concellos polo Ministerio de Sanidade


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, fixo entrega hoxe a entidades sociais da provincia, Cruz Vermella, Fademga e Cáritas, dun novo lote de máscaras que achega o Executivo para a protección dos traballadores, voluntarios e persoas vulnerables ás que dan asistencia.

 

Isabel Rodríguez entregou esta mañá un total de 28.000 máscaras aos representantes da Cruz Vermella, Luis Abelleira; Fademga, Jesús Noya, e Cáritas, Mónica Yáñez, dentro da nova campaña que pon en marcha o Ministerio de Sanidade para facilitar material de protección as entidades sociais coa finalidade de que poidan seguir a traballar coa debida seguridade na protección das persoas vulnerables ás que dan atención na provincia.

 

A subdelegada agradeceu o meritorio labor que desenvolven estas entidades, que están a xogar un papel fundamental durante toda a crise sanitaria na protección das persoas máis vulnerables. Neste sentido, lembrou que as tres entidades ás que entregou o novo lote de material colaboran estreitamente co Goberno na loita contra a pandemia desde o comezo da crise do coronavirus.

 

Rodríguez destacou que o Goberno dálles apoio con campañas como ésta, a sétima distribución de máscaras que realiza o Executivo na provincia. Así, lembrou que, coas 28.000 entregadas hoxe son xa 126.500 as máscaras facilitadas polo Ministerio ás entidades sociais da provincia de Lugo. Explicou tamén que a distribución de máscaras ás ONGs e as cantidades destinadas a cada unha delas é o resultado do acordo acadado entre cada organización e o Ministerio de Sanidade.

 

A subdelegada tamén informou de que, nos próximos días, continuará a nova campaña de distribución de máscaras coa entrega de más material destinado, como en ocasións anteriores, aos concellos da provincia