A subdelegada do Goberno analiza co xefe de Costas os proxectos previstos para concellos da Mariña

16/04/2021

 Isabel Rodríguez lembra que o proxecto de rexeneración da praia de Altar está a exposición pública para recoller as achegas de institucións e cidadáns e reunirase nos próximos días cos alcaldes de Barreiros e Foz

 Costas tamén traballa na redacción de proxectos para a creación de un paseo en Os Castelos (O Vicedo) e para a protección dos sistemas dunares


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan, no que trataron sobre as actuacións previstas para os distintos concellos da comarca da Mariña.

 

Entre os proxectos que abordaron figuran o de estabilización da praia de Altar, no concello de Barreiros, que actualmente se atopa a exposición pública. Ademais trataron sobre o proxecto de creación do paseo de Os Castelos, no municipio de O Vicedo, que está en fase de redacción, así como as intervencións de conservación e mantemento previstas para este ano, entre as que hai varias dirixidas á protección dos sistemas dunares.

 

Respecto do proxecto de estabilización da praia de Altar, a subdelegada lembrou que está sometido ao procedemento de información pública para recoller as achegas que queiran facer todas as institucións, colectivos e cidadáns.

 

A subdelegada asegurou que todas as opinións serán avaliadas e tidas en conta e tamén expresou a súa total receptividade a recibir, nos próximos días, aos alcaldes de Barreiros, Ana Ermida, e Foz, Fran Cajoto.