José Miñones destaca a aposta do Goberno para diminuír os gastos correntes dos concellos mellorando a súa eficiencia enerxética

05/05/2021

O delegado pon como exemplo aos concellos de Carnota e Dumbría que grazas a estas axudas aforrarán anualmente máis da 87.000 euros en gastos de iluminación que poderán destinar a outros servizos

Informa que os proxectos de renovación da alumeado público nos dous concellos mobilizan 2,4 millóns de euros de investimentos

O delegado do Goberno asegura que o Executivo está ao lado dos gobernos locais o da dinamización dos concellos máis pequenos

Reitera a súa aposta por trasladar os concellos galegos as medidas e programas que dispón e disporá o Executivo de Pedro Sánchez para garantir a cohesión territorial


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones insistiu hoxe na aposta do Executivo hacia a mellora das economías dos concellos con medidas como as axudas ao desenvolvemento de proxectos da eficiencia enerxética; que permiten aforrar unha parte moi considerable da factura da electricidade dos municipios.

José Miñones puxo como exemplo os concellos coruñeses de Carnota e Dumbría, que optaron ás axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica  para a renovación dos seus alumeados públicos, liberando anualmente máis de 87.000 euros da factura de electricidade que poderán adicar a outros servizos.

Cos alcaldes de Carnota, Juan Manuel Saborido; e Dumbría, José Manuel Pequeño, o delegado do Goberno e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, analizaron os proxectos que mobilizarán un total de 2,4 millónes de euros en investimentos. A execución destas iniciativas suporá a renovación da práctica totalidade da iluminación pública dos municipios, ademáis de permitir un aforro enerxético que nalgún dos proxectos chega ao 80 por cento respecto ao consumo existente ata este momento.

O delegado do Goberno informou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), aprobou seis proxectos para estes doncellos. Lembrou que o Ministerio aporta o 80% do custo total dos proxectos (1,9 millóns de euros) mentres que o 20% restante corresponde aos municipios. A licitación dos proxectos corresponde aos gobernos locais.

58 millóns na provincia da Coruña

Na súa visita, José Miñones destacou a enorme implicación do Ministerio para Transición Ecolóxica, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, cos concellos galegos e coruñeses, xa que son máis de 58 millóns de euros os destinados as entidades locais da provincia para a renovación enerxética e a creación de sendas e corredores verdes. Este investimento completase con outros 12 millóns aportados polos concellos e a Deputación.

O delegado do Goberno subliñou o compromiso do Executivo presidido por Pedro Sánchez coas políticas de medio ambiente e a calidade de vida e puxo como exemplo esta serie de actuacións, cun investimento sen precedentes e que supón un gasto de 347 euros de media por cada habitante de Carnota e Dumbría. 

Pola súa banda, os alcaldes agradeceron o apoio do Goberno para actuacións que incidirán de maneira directa nos veciños e veciñas dos seus concellos e que ademáis de supor un importante aforro para as arcas municipais, terán unha influencia na mellora da súa calidade de vida e en aspectos como a seguridade cidadá.

Tamén destacaron o esforzo orzamentario dos gobernos municipais, cun investimento próximo ao medio millón de euros aínda que recordaron que o aforro nos custos enerxéticos amortizará este gasto inicial en pouco tempo pola dimininución dos custos de mantemento anuais dos concellos.    

Descripción dos proxectos

O Goberno financia catro proxectos en Carnota, que substituirán os 2.336 puntos de luz existentes no municipio por luminarias de tipo LED e renovarán 51 cadros de mando actuais, de tal maneira que os aforros enerxéticos oscilarán entre o 64 e o 80 por cento, en función do proxecto. Os catro proxectos están próximos a licitarse.

O investimento en Carnota será de 1.463.759,46 euros, dos que case 1,17 millóns corresponden ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e outros 293.000 serán aportados polo Concello.

En Dumbría o IDAE financia dous proxectos que mobilizan 909.983,03 euros, (728.000 euros aportados polo IDAE e 182.000 euros, polo Concello). Un deles está xa rematado e permitiu a renovación da iluminación no Ézaro, co cambio de 836 luminarias por outras de tipo LED, o que permitirá un aforro no consumo eléctrico do 59 por cento. O segundo proxecto está en fase de licitación e plantexa a sustitución de 1.793 luminarias en diferentes zonas do Concello, cun aforro do 60 por cento.