José Miñones subliña o compromiso do Goberno para dar resposta ás demandas históricas de Santiago de Compostela

12/05/2021

O delegado do Goberno estima que entre finais de este ano e principios de 2022 comezarán as obras no cuartel da Garda Civil de Santiago

Grazas ao escudo social do Executivo mobilizáronse máis de 3.000 millóns de euros na provincia, dos que 700 son para conceptos como ERTE ou persoas autónomas


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe o compromiso do Executivo para dar resposta ás demandas históricas da cidade de Santiago. Expresouse así durante unha visita institucional ao Concello, onde estivo co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e cos voceiros dos grupos municipais.

José Miñones destacou o traballo do Goberno pola capital galega. Sinalou que, a pesar da pandemia e da crise sanitaria e económica, o Executivo foi capaz de dar resposta levantando un escudo social que aliviou aos sectores empresariais e económicos e ás familias. Fíxoo con máis de 3.000 millóns de euros para a provincia.

Foron 700 millóns de euros para prestacións como ERTE ou as plantexadas para persoas autónomas. Outros 2.307 están vinculados a avais ICO para 15.133 empresas. Xa son 11.946 as persoas da provincia que se benefician do Ingreso Mínimo Vital.

Lembrou que tras anos pendente, agora o Enlace Orbital, con 22,5 millóns de euros, está en obras. Unha situación similar sucede co Orbitaliño, con 24 millóns de euros, que está coas sondaxes sobre o terreo para avanzar na redacción do proxecto.

Citou tamén a estación intermodal, con 30,4 millóns de euros, na que o Goberno de Pedro Sánchez avanza tras desbotar a cláusula que impedía o proxecto por non alcanzar un número mínimo de viaxeiros. O compromiso do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana é licitala este mesmo ano.

O delegado do Goberno explicou que na actualidade tamén hai investimentos na Catedral, en concreto na escalinata e na cripta. Están dentro das actuacións concretas con motivo da celebración do Xacobeo 2021, que conta tamén con outras medidas, como ás vinculadas á coordinación policial, con 3.600 axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

José Miñones mantén o compromiso coa acción municipal como unha das súas principais liñas de traballo. A visita institucional de hoxe á capital galega enmárcase nunha intensa ronda de contactos con alcaldes e alcaldesas que empezou no concello con menos poboación de Galicia: Negueira de Muñiz (Lugo).

CUARTEL DA GARDA CIVIL

O delegado do Goberno avanzou a próxima licitación das obras no cuartel da Garda Civil de Santiago, cunha inversión de 9,5 millóns de euros. Desvelou que hacia finais deste ano ou nos primeiros meses de 2022 empezarán as actuacións. A primeira fase consistirá na demolición de tres bloques para establecer a oficina de xestión e traballo. A segunda implicará aos restantes nove bloques, de vivendas.

A previsión é licitar a obra nun breve periodo. Está enmarcada no compromiso do Ministerio do Interior por renovar e mellorar as instalacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Neste caso, contará con cinco novos bloques de vivendas para adaptarse ás necesidades actuais.