José Miñones traslada aos residentes nas comarcas do Eume e Betanzos o estado de tramitación das solicitudes eólicas

10/08/2021

O delegado aposta por respectar os intereses veciñais ao tempo que chega a transición enerxética cara fontes limpas

O Goberno traballa coa Xunta para unha tramitación coordinada e con todas as garantías

Na reunión co delegado estiveron representados residentes en Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Cabanas, Aranga, Coirós e Mesía


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou hoxe aos residentes nas comarcas do Eume e Betanzos o estado de tramitación das solicitudes eólicas. Fíxoo nunha reunión na Delegación do Goberno con representantes do residentes en Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Cabanas, Aranga, Coirós e Mesía.

José Miñones escoitou as inquedanzas e preocupación das entidades. A continuación, trasladou a información sobre o estado actual de tramitación dos diferentes proxectos eólicos na zona e comprometeu comunicación fluída durante todo o proceso.

O delegado do Goberno apostou por respectar os intereses veciñais ao tempo que chega a transición enerxética cara fontes limpas. O Executivo traballa na actualidade coa Xunta para unha tramitación coordinada e con todas as garantías.

No encontro estiveron representadas as seguintes entidades: Plataforma Monfero Di Non (Monfero e Paderne), Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo (Aranga, Coirós e Oza-Cesuras), Asociación Amigos do Mosteiro (Monfero), Asociación de Veciños de Taboada (Monfero), Asociación Rural Contemporánea (Monfero), Asociación de Mulleres Rurais San Fiz (Monfero), Asociación A-Legre (Oza-Cesuras e Mesía) e Cabanas Di Non (Cabanas).