Subdelegación de Goberno e Concello de Betanzos reforzan a súa colaboración na loita contra a violencia de xénero

11/08/2021

O Concello traslada á subdelegada a súa decisión de suspender os Caneiros e a solta do Globo debido a situación sanitaria actual

Subdelegación e Concello amosan a súa satisfacción pola mellora dos índices de seguridade cidadá

María Rivas destaca o grao de investimento do Goberno en Betanzos, con actuacións en marcha por importe de 2,5 millóns


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a alcaldesa de Betanzos, María Rivas reafirmaron a súa colaboración na loita contra a violencia de xénero, tal como manifestaron na reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe na localidade betanceira. A subdelegada reiterou ademáis o alto grado inversor do Executivo no concello, con diversas actuacións que cifrou en 2,5 millóns.

Ambas presidiron a Xunta Local de Seguridade onde se comunicou a suspensión da celebración dos Caneiros e a solta do tradicional Globo de Betanzos. Tanto a Garda Civil como a Policía Local e Protección Civil establecerán un dispositivo especial de control e vixiancia para impedir o acceso ao campo dos Caneiros para así evitar posibles concentracións de persoas. O operativo será similar ao do ano pasado e o seu obxectivo é erradicar posibles actuacións de risco dada a actual situación sanitaria derivada da COVID.

Na reunión mantida no Concello, as responsables da Subdelegación do Goberno e do consistorio destacaron a excelente coordinación dos efectivos policiais e puxeron de manifesto o incremento continuado durante esos últimos anos dos parámetros de seguridade xa que os índices de criminalidade baixaron ata seis puntos desde o ano 2019, sendo máis acusado esta minoración neste primeiro semestre respecto ao mesmo período de 2020.

María Rivas e María Barral tamén incidiron na importancia da reactivación despois da pandemia da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional en materia de violencia de xénero, na que se abordan aspectos preventivos e informativos na loita contra a violencia machista, con participación de representantes das forzas e corpos de seguridade pero tamén doutras áreas municipais e colectivos sanitarios, educativos e sociais, entre outros.

Nesta liña a alcaldesa recordou que o Concello traballa nunha próxima incorporación da Policía Local no sistema Vioxen de seguimento das vítimas, tendo en conta que, tal como sucede no resto da provincia, despois dos confinamentos e coma consecuencia  da pandemia estase a detectar un incremento dos casos de violencia.

Na súa visita a localidade, María Rivas subliñou o esforzo orzamentario do Estado en Betanzos, con actuacións por importe aproximado de 2,5 millóns, destacando o gasto do Ministerio para a Transición Ecoloxica, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE), para financiar a renovación do alumeado público do Concello a través de tres proxectos que reciben unha achega de 1,8 millóns de euros

Tamén recordou a aposta polo desenvolvemento da Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico, onde puxo en valor as achegas de 234.000 euros concedidas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para actuacións de reforma e acondicionamento de vivendas neste espazo. Corresponden ás dúas partidas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2020, que se traduciron en dúas convocatorias de axudas xestionadas pola Administración Local.