Maica Larriba destaca la labor que realiza la Asociación Española contra el Cáncer en el apoyo a pacientes y familiares de la provincia

Maica  Larriba destaca la labor que realiza la Asociación Española contra el Cáncer en el apoyo a pacientes y familiares de la provincia<br/>

27/05/2022

A subdelegada do Goberno visitou hoxe as novas instalacións da Asociación en Pontevedra, situadas na rúa Eduardo Pombal


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou hoxe as novas instalacións da Asociación Española contra o Cancro (AECC) na cidade de Pontevedra xunto a súa presidenta provincial, Carmen Abeledo.

Durante a visita a novo edificio que ocupa a Asociación na rúa Eduardo Pombal, a subdelegada quixo recoñecer e agradecer “o extraordinaria labor que a asociación realiza na provincia a prol dos pacientes que sofren esta enfermidade e aos seus familiares”.

Así mesmo, a subdelegada recordou que “desde o Goberno estase a traballar para avanzar nas diferentes liñas da Estratexia contra o Cancro aprobada o ano pasado, co obxectivo de seguir construíndo un sistema sanitario que proporcione unha resposta eficaz a loita contra a enfermidade e reforce a atención dos e das pacientes oncolóxicas tras o impacto que a pandemia tivo nesta patoloxía”. Non obstante, remarcou, “a efectividade nesta resposta vese reforzada grazas ao traballo que se desempeña desde lugares como este, un traballo multidisciplinar, continuo e desinteresado que contribúe a minimizar o impacto que un diagnóstico deste tipo ten sobre a vida das persoas e os seus achegados”. 

A AECC na provincia

A Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra realizou, no ano 2021, 14.898 intervencións, sendo 2.528 intervencións de carácter social, 8.365 de atención psicolóxica e 2.649 con voluntarios e voluntarias.