O Goberno entrega ás entidades sociais da provincia de Pontevedra 1.734 toneladas de produtos básicos de alimentación

O Goberno entrega ás entidades sociais da provincia de Pontevedra 1.734 toneladas de produtos básicos de alimentación

17/01/2019


A subdelegada subliña que 108 asociacións e 32 concellos reciben 14 elementos de una dieta básica para persoas con escasos recursos


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, puxo hoxe en valor a aportación que realiza a Administración central para a subministración de alimentos básicos a persoas con escasos recurso e que xestiona Cruz Roxa e a Fundación Banco de Alimentos.

En concreto o ano pasado estas ambas entidades recibiron 1.734 toneladas de diversos produtos a través de tres entregas anuais. A última destas entregas vaise realizar a finais do mes próximo. Larriba, que estivo acompañada en rolda de prensa por Javier Seoane, xefe de dependencia de Agricultura e Pesca de Pontevedra, subliñou que “estas axudas son paquetes de 14 produtos básicos que inclúen arroz, cereais infantís, leite de continuación, fabas, leite enteiro, cacao soluble, conservas de atún, macarróns, tomate frito, xudías verdes, froita en conserva e tarriños infantís de pito e froitas”.

Estes produtos dunha cesta básica son adquiridos polo Fondo de Garantía Agraria (FEGA), dependente do Ministerio de Agricultura, e distribuídos a través da Fundación Banco de Alimentos e as distintas asembleas locais de Cruz Vermella. Estas dúas entidades á súa vez xestionan as entregas a comedores sociais, concellos e diversas entidades sociais. 

En concreto, segundo informou a subdelegada,  na provincia de Pontevedra son 140 entidades as que reciben estes paquetes básicos, incluídos 32 concellos.

Larriba recordou a importancia de manter este tipo de axudas “porque aínda se rexistran índices de exclusión social moi importantes. Segundo Cáritas, unha organización nada sospeitosa de aumentar a estatísticas, a taxa de pobreza no noso país está no 21,6 por cento da poboación.  O 3,2 por cento dos fogares carecen dalgún tipo de ingresos. E o 8,1 por cento dos fogares están en risco de exclusión severa fronte ao 5,6 por cento que tiñamos en 2007”.

“Se analizamos os datos oficiais do Instituto Galego de Estatística da Xunta de Galicia -continuou Larriba-  a taxa de exclusión en Galicia é do 20,26 por cento. Na provincia de Pontevedra do 22,46 por cento e da área de Pontevedra do 27,21 por cento”.

Por último, a subdelegada subliñou que realízanse tres entregas de subministración anuais. Unha primeira en xuño que en Pontevedra representou 487 toneladas por un valor de 360.000 euros. A segunda entrega produciuse en setembro e foi de 661 toneladas por valor de case 600.000 euros. A terceira entrega anual producirase a finais de febreiro e será de 636 toneladas que se repartirán ao cincuenta por cento entre Cruz Vermella e a Fundación do Banco de Alimentos. “Por exemplo Cruz Vermella vai recibir 14.000 litros de aceite de oliva; 17.000 quilos de fabas cocidas; 20.000 quilos de arroz branco; 6.000 quilos de cacao soluble; 1.700 quilos de cereais infantís; 13.500 quilos de conservas de atún; 19.700 quilos de froita en almibar; 22.200 quilos de galletas; 23.400 quilos de xudias verdes en conserva; 1.140 quilos de leite en po de continuidade; 135.492 litros de leite UHT; 18.900 quilos de pasta; 663 quilos de tarriños infantís de froita; 663 quilos de tarriños infantís de pito; e 22.920 litros de tomate frito. Estas mesmas cantidades serán recibidas tamén pola Fundación Banco de Alimentos de Pontevedra” concluíu Larriba