O CEIP de Cabanas súmase, con 26 nenos e nenas, á lista de “ciberexpert@s” de Pontevedra

O CEIP de Cabanas súmase, con 26 nenos e nenas, á lista de “ciberexpert@s” de Pontevedra

26/02/2019


A subdelegada do Goberno pídelle aos escolares que avisen aos seus pais e nais ou ao seu profesorado de comportamentos inadecuados na rede


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, xunto á comisaria provincial, Estíbaliz Palma, entregou hoxe os carnés de “Ciberexpert@s” a 26 escolares de 6º de primaria do CEIP de Cabanas. Estes carnés son acadados polos escolares tras superar as charlas da Policía Nacional sobre a seguridade no uso da internet.

Larriba  advertiulle ós escolares dos riscos do mal uso de internet e pediulles que extremen a súa seguridade e que “ante calquera dúbida que tiñades, consultalo cos vosos profesores ou os vosos país e nais”. A subdelegada subliñou a labor que desenvolve a Policía Nacional coa campaña do “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos  Centros Educativos e os seus Entornos”,  no que se inclúen estas charlas sobre dez temáticas como ciberacoso, grooming, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido  inapropiado, xestión da privacidade e identidade dixital, etiqueta e mediación parental.

Tras superar unha serie de test sobre os temas tratados ao longo desta campaña, os alumnos e alumnas son acreditados con este carné de ciberexperto e ciberexperta. A subdelegada, para concluír, pediulles aos escolares que agora empreguen todo o que teñen aprendido neste curso no seu uso da internet e das redes sociais. Esta nova entrega de carnés se suma á feita a semana pasada no CEIP de Pontesampaio a outros quince ciberexpert@s.