A subdelegada do Goberno felicita ao alcalde de Burela pola declaración da Feira do Bonito como Festa de Interese Turístico Nacional

Imaxe de arquivo da subdelegada co alcalde

04/07/2019


O Goberno, a través da Secretaría de Estado de Turismo, vén de concederlle este importante recoñecemento que contribuirá a aumentar a proxección da Feira do Bonito


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, felicitou hoxe ao Concello de Burela pola declaración da Feira do Bonito de Burela como Festa de Interese Turístico Nacional.

Isabel Rodríguez informou de que a Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, vén de outorgar este título á Feira do Bonito, o que “sen dúbida será un importantísimo espaldarazo para este importante evento festivo, gastronómico e cultural que constitúe un gran instrumento para a divulgación dun dos motores da economía da zona, como é a pesca do bonito”. 

A subdelegada transmitiulle os parabéns ao alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a través del a todas as persoas implicadas na organización do evento polo éxito que supón a obtención deste importante recoñecemento que contribuirá a aumentar a proxección da Feira do Bonito.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo deulle conta desta decisión ao alcalde e tamén llo comunicou á directora xeral de Turismo da Xunta.

Audio da subdelegada do Goberno en Lugo (MP3)