A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, preside a Xunta de seguridade do Rally San Froilán

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, preside a Xunta de seguridade do Rally San Froilán

17/10/2019


Forzas de seguridade, organización e concellos ultiman o dispositivo da 41 edición desta proba automobilística

Isabel Rodríguez lembra ao público a necesidade de presenciar a proba desde os lugares acotados para os espectadores, respectar a sinalización e cumprir coas indicacións do persoal encargado da seguridade


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a Xunta de seguridade que ultimou o dispositivo encargado de velar pola seguridade na 40 edición do Rally San Froilán. Na xuntanza participaron responsables da Escudería Miño, organizadora da proba, así como da Garda Civil, Subsector de Tráfico, Policía Nacional, Xefatura provincial de Tráfico, Policía Local de Lugo e Protección Civil do Concello de Lugo, ademais de representantes dos concellos polos que discorrerá a proba e da Xunta.

Trala xuntanza, a subdelegada do Goberno fixo un chamamento á organización, aos corredores participantes e moi especialmente a todo o público que se congregará para presenciar o paso do Rally polas estradas da provincia para que sexan respectuosos coa sinalización, cumpran coas indicacións do persoal que se ocupará da seguridade da proba e, no caso dos espectadores, manterse sempre dentro dos espazos acotados para eles.

A 41 edición do Rally San Froilán desenvolverase entre os días 25 e 27 de outubro nos concellos de Lugo, Pol, Outeiro de Rei, Meira e Friol, con un percorrido de 379 km dos que 91,310 corresponden a 8 treitos cronometrados por estradas asfaltadas que estarán pechadas ao tráfico.