A subdelegada do Goberno en Pontevedra pídelles aos policías locais unha maior implicación na loita contra a violencia machista

Imagen de los galardonados

25/10/2019


Maica Larriba participa na clausura do terceiro encontro de policías locais de Galicia que se celebrou na Academia Galega de Seguridade da Estrada


A subdelegada  do  Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, pediulle hoxe ás policías locais de toda Galicia un maior esforzo e implicación na loita contra a violencia machista. A subdelegada participou xunto o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, na clausura do terceiro encontro de policías locais de Galicia que se celebrou na Academia Galega de Seguridade da Estrada.

Na súa intervención, tras a entrega de galardóns e distincións a distintos veteranos e servizos de policía, Maica Larriba mostrou o seu recoñecemento a todos os membros das distintas policías locais de toda a comunidade galega “polo voso traballo que realizades a diario en cada unha das vosas cidades e pobos”.

Continuou a subdelegada  recoñecendo que “por ser a forza máis próxima ás cidadáns tendes un compoñente moi especial na loita contra a lacra da violencia machista. En moitas ocasións o voso teléfono é o primeiro que soa  no caso dunha agresión machista”.

Recordou Larriba que sempre pídelle aos corpos e forzas de seguridade do estado, Policía Nacional e Garda Civil, unha maior implicación  e sensibilidade ante a violencia machista e “hoxe  así volo pido a vos”. “En moitas ocasións as vosas mans e brazos son o primeiro que unha muller agredida vai ver e, por elo tendes que redobrar esforzos   para ser moito máis cercanos coas agredidas”.

Por último, a subdelegada mostrou o seu recoñecemento para aquelas policías locais que están dentro do Sistema Integral de Seguimento da Violencia de Xénero (VIOGEN) e animou aos responsables políticos municipais a que pidan a su inclusión “porque cada apoio e cada novo axente de policía que colabore na prevención será no día de mañá unha vítima menos”, subliñou Maica Larriba.