Javier Losada informa da transferencia de 167 millóns de euros á Xunta para políticas activas de emprego

Javier Losada informa da transferencia de 167 millóns de euros á Xunta para políticas activas de emprego

19/11/2020

Nestes fondos inclúense as partidas destinadas a programas como o Plan de Choque polo Emprego Xove 2019-2021 e o Plan Reincorpora-T 2019-2021

50 millóns serán para financiar iniciativas de formación profesional para o emprego en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional

Aumenta tamén a dotación para reforzar o persoal encargado dos labores de orientación do Servizo Público de Emprego


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou hoxe da transferencia de 167 millóns de euros á Xunta para políticas activas de emprego.  Esta cantidade chega tralo visto e prace do Executivo á achega de 86,95 millóns de euros adicionais aos repartidos no pasado mes de abril. A distribución foi aprobada polo Consello de Ministros e xa está publicada no Boletín Oficial do Estado.

Estes fondos trasládanse para a súa xestión pola Xunta de Galicia, xa que ten asumida a competencia nestas políticas. Neles inclúense as cantidades destinadas á execución do Plan de Choque polo Emprego Xove 2019-2021 e do Plan Reincorpora-T 2019-2021 destinado a parados de larga duración.

Os criterios obxectivos para a distribución destes fondos fixáronse na LXXVIII Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais que se celebrou o pasado 30 de setembro.

Esta cantidade é adicional, é dicir, súmase aos 80.099.644 euros con cargo aos orzamentos do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE) que foron repartidos entre as comunidades autónomas no mes de abril. Polo tanto, a Xunta de Galicia recibe un total de 167 millóns de euros para a execución das políticas de fomento do emprego, formación profesional para o emprego e para a modernización dos servizos públicos.

As iniciativas de formación profesional para o emprego recibirán 50,6 millóns de euros, en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Reforzo dos labores de orientación

Destinaranse 9.720.000 euros a financiar o reforzo do personal encargado dos labores de orientación nos Servizos Públicos de Emprego Autonómicos no conxunto do Estado, o que supón unha asignación a cada comunidade autónoma un 2% superior ao do ano 2019.

Centros Especiais de Emprego

Una parte do Eixe 3 estará destinada a financiar a persoas con discapacidade severa que prestan os seus servizos en Centros Especiais de Emprego. Ademáis, está aprobada unha Orde Ministerial que aumenta as axudas para financiar o mantemento da contratación nestas entidades cunhas subvencións que aumentaron do 50% ao 55% do Salario Mínimo Interprofesional.

Diálogo social

As subvencións destinadas a financiar a formación en materias relativas ao diálogo social e á negociación colectiva reciben 554.963 euros.