José Miñones celebra a nova resolución xudicial sobre Meirás e mantén a aposta por protexer os bens do Estado

11/05/2021

O delegado do Goberno subliña que a defensa de Meirás como patrimonio público é un claro valor nunha democracia madura

A resolución xudicial suspende o prazo no que a familia do dictador tiña previsto trasladar o contenido do inmoble

O Executivo realizou e realiza unha serie de actuacións de carácter urxente para poder abrir o Pazo canto antes


O delegado do Gobierno en Galicia, José Miñones, celebrou hoxe a nova resolución xudicial sobre o Pazo de Meirás e mativo a aposta do Executivo por protexer os bens do Estado. Pronunciouse así tras coñecer o ditame do xulgado.

José Miñones valorou o esforzo da Avogacía do Estado por evitar perdas no Pazo de Meirás. O papel desta institución e a coordinación da vicepresidenta primeira e reponsble de Memoria Democrática, Carmen Calvo, xa foi clave para a recuperación do inmoble para o patrimonio público.

O delegado do Goberno subliñou que a defensa de Meirás como patrimonio público é un claro valor nunha democracia madura. Incidiu no feito de que o importante es manter o patrimonio público en mans do Estado y o Executivo esfórzase para iso.

A resolución xudicial coñecida hoxe suspende o prazo no que a familia do dictador tiña previsto trasladar o contenido do inmoble. Polo tanto, continuará baixo a custodia do Estado.

O delegado do Goberno explicou que o Goberno realizou e realiza unha serie de actuacións de carácter urxente para poder abrir o Pazo canto antes. Inclúen as obras para acondicionalo e outras labores fundamentales como son a seguridade.