José Miñones e Rosa Quintana coinciden na necesidade de vixiar tódalas actividades derivadas do furtivismo para erradicar os seus efectos sobre a economía e o ecosistema

23/08/2021

O delegado do Goberno e a conselleira do Mar afondan na cooperación policial, que se debe extender dende a extracción ata a venta pasando polo transporte das extraccións ilegais

Ambos destacan a boa colaboración entre os distintos colectivos implicados na vixilancia que se traduce en operativos específicos ao longo da costa

José Miñones reitera o dano que o furtivismo causa na actividade económica e na biodiversidade costeira de Galicia


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a conselleira do Mar da Xunta, Rosa Quintana, abordaron hoxe a colaboración entre as Forzas de Seguridade do Estado e os axentes de Gardacostas autonómicos na loita contra o furtivismo no litoral galego. Ambos coincidiron na importancia de que a vixilancia policial se extenda a tódalas actividades vinculadas a esta actividade ilícita, comenzando pola extracción e seguindo pola canle de comercialización e o transporte. A conselleira do Mar estivo acompañada subdirector do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto.

O encontro serviu para avaliar as medidas xa establecidas de forma coordinada para combater esta práctica delituosa e que veñen desenvolvéndose periodicamente entre ambos corpos. O delegado e a conselleira destacaron a boa colaboración que existe na actualidade e na importancia de seguir afondando en mecanismos de cooperación que garantan o cumprimento da normativa de pesca e do Código Penal, de tal forma que se erradique unha práctica que causa perdas económicas e danos medioambientais induscutibles nos concellos da costa galega.

José Miñones destacou a actuación da Garda Civil a través dos axentes do Servizo de Protección da Natureza e da Garda Civil do Mar tanto nos portos, como lonxas e mercados e estradas e pistas rurais.