A subdelegada do Goberno visita a exposición “Hombres e barcos”, un percorrido pola historia da Armada española

07/09/2021

Larriba destacou a calidade e interese da mostra, que “supón unha oportunidade única de achegarse a unha parte da nosa historia moitas veces esquecida”.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou esta mañá, acompañada do Capitán de Navío e Comandante Naval de Vigo, Carlos Cárdenas, a exposición “Hombres y barcos: la fotografía de la marina española en el museo naval (1850-1935)”, unha iniciativa organizada pola Subdirección Xeral de Publicaciones e Patrimonio Cultural do Ministerio de Defensa, que ofrece un conxunto de fotografías pertencentes á colección do Museo Naval de Madrid.

Estas imaxes foron seleccionadas entre as máis de dúascentas publicadas no libro do mesmo título editado no ano 2007 dentro da colección adicada á fotografía militar, que pretender difundir o patrimonio histórico-fotográfico conservado polo Ministerio de Defensa.

As pezas incluídas na exposición, que constitúen unha selección de setenta e cinco fotografías do período comprendido entre 1850 e 1935, permiten levar a cabo un amplo percorrido por esta etapa da historia da Mariña española. A través destas imaxes pódese apreciar a evolución técnica e formal da Armada.

As fotografías foron seleccionadas polo seu interese documental e artístico e se estruturan ao redor de catro eixos: retratos; acontecementos, arsenais, estaleiros e materiais; e buques. Entre elas, destacan, por exemplo, a fotografía do Cabo Esteban Fradera, asasinado no Callao en Cuba e que da nome ao navío que patrulla na actualidade as augas do Miño desde Tui. As imaxes recollen tamén, entre outros, a construción do dique de Ferrol ou do primeiro portaaeronaves “Dédalo”, no que podían aterrar helicópteros.

A subdelegada quixo destacar durante a súa visita a importancia desta mostra, que “permite recuperar e achegar a Vigo parte dos fondos de fotografía histórica existentes en diversas institucións do Ministerio de Defensa, unha oportunidade única para coñecer mellor un pasado a cotío esquecido e algunhas das conquistas técnicas acadadas no limiar do século XX”.

A mostra pódese visitar gratuitamente ata o 17 de setembro na Comandancia Naval de Vigo, situada na rúa Areal nº7, en horario de mañá (de 10:00 a 14:00) ou de tarde (desde las 16:30 hasta las 19:30).