Maica Larriba supervisa o operativo para o simulacro dun accidente de tráfico no túnel de Oca na AP-53 ao paso por A Estrada (Pontevedra)

Maica Larriba supervisa o operativo para o simulacro dun accidente de tráfico no túnel de Oca na AP-53 ao paso por A Estrada (Pontevedra)

18/06/2019


A subdelegada do Goberno explicou a importancia deste tipo de operacións para a coordinación de todos os efectivos que deben actuar nun sinistro entre dous coches e o posterior incendio


A subdelegada de Goberno en Pontevedra, Maica  Larriba, asistiu aos operativos de traballo para o simulacro de accidente con incendio de vehículos, realizado esta mañá no túnel de Oca da AP-53 no termo municipal da Estrada. Para iso, contou coa coordinación do Xefe de Demarcación, Angel González do Río e o Xefe das Estradas de Pontevedra, Pablo  Dominguez.

Este simulacro é o primeiro que se realiza nesta autoestrada destas características, elixindo este túnel, en concreto, pola súa lonxitude e o seu formato en curva, tal como explicou aos medios, o propio González do Río. Maica  Larriba explicou a importancia deste tipo de accións, regulados por lei, “tan necesarios para que todos os efectivos estean coordinados  en calquera situación nas nosas estradas  provinciais”.

Tal como quixo lembrar  Larriba  que “no que levamos de 2019, rexistráronse nas nosas estradas 11 accidentes mortais con 14 falecidos. Precisamente, unha das vítimas mortais foi na estrada  EP-7017 da comarca de Tabeirós”. Respecto diso, tamén engadiu que nesta comarca producíronse, con datos consolidados de 2018, dous accidentes mortais, ambos relacionados con saída de vía e con vehículo agrícola, co resultado de tres falecidos.  En relación a isto, a subdelegada de goberno quixo sinalar que “ no que vai de ano, sen ser datos consolidados, entre outros factores, a velocidade estivo presente en cinco accidentes mortais, as distraccións en seis e o alcol e drogas, en un”.

 

 

 

 

 

Por outra banda, e aproveitando que o simulacro se realiza nunha autoestrada,  Maica  Larriba quixo incidir en que “na AP-53 en 2018 producíronse 29 accidentes, rexistrándose dous feridos hospitalizados e sete leves. No que levamos de 2019, e con datos provisionais, levamos nove accidentes , cun ferido hospitalizado e oito leves”.

Nos traballos de emerxencia durante o simulacro participaron os efectivos comarcais de Bombeiros  de Deza -Tabeirós, o GES da Estrada, o servizo 061 e a Garda Civil de Tráfico de Pontevedra e a Sala de Tráfico da DXT na Coruña. O sinistro recreado foi unha colisión entre dous vehículos no interior do túnel cun incendio posterior dun coche e a evacuación de dúas persoas feridas. Para elo usouse unha máquina para reproducir fume no interior e comprobar os sistemas de evacuación así como os equipos de respiración autónoma para os servizos de bombeiros e médicos.