Isabel Rodríguez informa da próxima expropiación de terreos en Lugo para o proxecto de supresión de pasos a nivel sobre a vía do tren

Isabel Rodríguez informa da próxima expropiación de terreos en Lugo para o proxecto de supresión de pasos a nivel sobre a vía do tren

02/07/2020

 Mañá ábrese o prazo de quince días para a presentación de alegacións


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que Adif deu comezo aos trámites para a expropiación de terreos no concello de Lugo coa finalidade de suprimir pasos a nivel da liña ferroviaria.

 

Adif publica este xoves no Boletín Oficial do Estado o anuncio polo que somete a información pública, a efectos de expropiacións, o proxecto constructivo de supresión dos pasos a nivel dos pp. Kk. 422/742, 422/955 e 423/492 da liña León-A Coruña, situados no termo municipal de Lugo.

 

O anuncio publicado no BOE inclúe a relación de bens e dereitos afectados polo proxecto. O prazo para a presentación de alegacións, que será de quince días, ábrese mañá.

 

A documentación de expropiacións pode examinarse na Subdelegación do Goberno, no Concello de Lugo e na Subdirección de Coordinación Técnica e Pasos a Nivel de Adif.

 

Lémbrase que para facer xestións na Oficina de Información e Rexistro da Subdelegación do Goberno é preciso contar con cita previa. As solicitudes poden facerse a través de internet, na sede electrónica de Administracións públicas (https://sede.administracion.gob.es --> Atención e Información --> cita previa --> otras áreas--> Información General al Ciudadano y Registro), ou telefónicamente, chamando, en horario de 09:00 a 11:00 horas, ao teléfono 982 75 90 78.