Isabel Rodríguez visita o almacén da Cruz Vermella no comezo da primeira fase do reparto da axuda alimentaria do Goberno

15/06/2021

 A subdelegada do Goberno comproba a posta en marcha da primeira fase do Programa de Axuda Alimentaria 2021 da que se beneficiarán 9.499 lucenses
 Nesta ocasión, vanse distribuír na provincia 170.412 kilos de alimentos valorados en máis de 113.000 euros
 Isabel Rodríguez destaca o labor da Cruz Vermella e do Banco de Alimentos que se ocupan da distribución dos alimentos a 73 organizacións asociadas de reparto


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe o comezo dunha nova campaña reparto de alimentos a veciños da provincia de Lugo en situación de vulnerabilidade. A subdelegada,visitou esta mañá o centro de almacenamento e distribución de alimentos da Cruz Vermella Española acompañada polo presidente provincial da entidade, Luís Abelleira, e polo responsable da dependencia de Agricultura e Pesca da Subdelegación do Goberno, Enrique Liñares.

 

Isabel Rodríguez informou de que o Goberno fará chegar axuda alimentaria a 9.499 lucenses na primeira fase do Programa de Axuda Alimentaria 2021, que desenvolve o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Fondo Español de Garantía Agraria.

 

A subdelegada informou de que nesta primeira fase da campaña vanse distribuír na provincia de Lugo un total de 170.412  kilos de alimentos con un valor de 113.046 euros.

 

Isabel Rodríguez destacou a importancia deste programa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que supón unha gran axuda para as persoas en situación de vulnerabilidade.

 

Ademais, a subdelegada agradeceu especialmente o traballo que realizan tanto a Cruz Vermella como o Banco de Alimentos, que son as dúas entidades que colaboran co Goberno na distribución dos alimentos ás organizacións que realizan o reparto dos alimentos na provincia de Lugo.

 

A Cruz Vermella e o Banco de Alimentos canalizan a entrega dos alimentos que, nesta fase, serán repartidas por toda a provincia por 73 entidades.

 

Os produtos que se distribúen son de carácter básico, pouco perecedoiros e de fácil transporte e almacenamento. Concretamente, trátase de arroz, fabas cocidas, leite enteiro UHT,atún en conserva, pasta alimenticia, tomate frito, galletas, macedonia de verduras, cacao soluble e tarriños infantís de froita e de polo.

 

PROGRAMA 2021 DE AXUDA ALIMENTARIA

 

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación puxo en marcha o Programa 2021 de Axuda Alimentaria ás persoas máis desfavorecidas que suporá o reparto gratuíto de 59.221.632 kilos de alimentos en toda España.

 

Desenvolverase en dúas fases. Na primeira, que xa está en marcha, distribuiranse 23,69 millóns de kilos de alimentos.

 

Para levar a cabo este Programa adquiríronse alimentos, a través de un proceso de licitación pública, por valor de 42 millóns de euros. A campaña está cofinanciada nun 85% polo Fondo de Axuda Europea para as Persoas máis Desfavorecidas (FEAD) en un 15% polo orzamento nacional.