José Miñones cifra en 683,9 millóns de euros o impacto das políticas do Goberno en materia de transición ecolóxica e innovación en Galicia ata agosto

11/08/2021

O informe de rendición de contas “Cumprindo” amosa 49,8 millóns para a EDAR de Silvouta, en Santiago, e 32,2 para a ría do Burgo, na Coruña

As políticas do Goberno están vinculadas á transición ecolóxica, á protección do medio ambiente e o apoio á innovación

O Plan MOVES III inventiva en Galicia a mobilidade eléctrica con 22,8 millóns de euros

José Miñones subliña a importancia de facer balance da xestión e dos compromisos cumpridos


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, cifrou hoxe en 683,9 millóns de euros o impacto das políticas en materia de transición ecolóxica, de protección do medio ambiente e de apoio á innovación. Detallouno tras profundizar no informe de rendición de contas do Gobierno “Cumprindo”.

As políticas vinculadas a estas materias teñen varias partidas destacadas, como os 49,2 millóns de euros para eficiencia enerxética industrial e reforma de edificios residenciais; 39,2 millóns para autoconsumo e sistemas térmicos renovables no sector residencial; e 20,4 millóns do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía para xeración térmica e eléctrica de fontes renovables.

O Executivo tamén impulsou o Plan MOVES III, para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica, con 22,8 millóns de euros.  Foron transferidos á Xunta.

No capítulo de saneamento, no que vai de ano houbo 49,8 millóns de euros para EDAR de Silvouta, en Santiago; 32,2 para a dragaxe da ría do Burgo, na Coruña; e 19,3 millóns de euros para saneamento e depuración nos concellos de Poio e Sanxenxo, en Pontevedra.

Outra das partidas destacadas corresponde ao Programa de Economía Circular e o Plan de Impulso ao Medio Ambiente-PIMA Residuos, con 22,8 millóns de euros en Galicia. Tamén sobresaen os 11,6 millóns para conservación de biodiversidade terrestre e mariña, restauración de ecosistemas e infraestrutura verde e xesión forestal sostible.

O Centro de Deselvolvemento Tecnolóxico Industrial recibiu 14,7 millóns de euros do Executivo para financiar 37 proxectos en Galicia, dentro do capítulo de innovación.

Ademais, os programas de desenvolvemento rural e agroalimentarios tiveron 9,9 millóns para programas vinculados ao marco 2014-2020, 0,7 para o programa escolar de consumo de froitas e hortalizas e 0,5 para o programa escolar de consumo de leite.

En canto a fondos europeos, hubo 257,4 de fondos FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) de transición e 77 de fondos FEADER Euri.

José Miñones subliñou a importancia de facer balance da xestión e dos compromisos cumpridos. Nese sentido, lembrou que esta é a segunda vez que o Executivo publica o informe “Cumprindo”.