José Miñones anuncia que o Goberno compromete 2,3 *M€ para promover o turismo sustentable nos destinos da Mariña de Lugo e Ourense Termal

30/11/2021

Forma parte do compromiso do Goberno coa promoción turística de Galicia, que ascende este ano a 60 millóns de euros en distintos programas e liñas de investimentos

O delegado celebra este acordo que mobilizará un investimento de 5,3 millóns de euros nos concellos beneficiados

A esta decisión sumaranse os destinos da convocatoria extraordinaria que financia o Plan de Recuperación e que están pendentes de resolución final


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, celebrou hoxe o acordo do Consello de Ministros que garante a achega de 2,3 millóns de euros por parte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a execución dos Plans de Sustentabilidade Turística nos destinos da Mariña de Lugo e Ourense Termal. Os dous plans mobilizarán un investimento total superior aos 5,3 millóns de euros sumando as achegas da Comunidade Autónoma e das entidades locais nas que se desenvolverán as iniciativas dos mesmos.

José Miñones enmarcou esta resolución no compromiso do Goberno de España coa promoción turística de Galicia, que xa suma este ano 60 millóns de euros en diferentes programas e liñas de investimento. En concreto, o Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022, que contempla un investimento de máis de 25 millóns de euros para impulsar os Camiños de Santiago en Galicia aos que se suma unha partida de 3 millóns de euros do Programa Impulsa Patrimonio para a cidade de Santiago.

Además, Galicia recibirá 29,38 millones de euros del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia para impulsar la transformación de los destinos turísticos y hacerlos más competitivos y más resistentes ante futuras crisis.

Por outra banda, José Miñones lembrou que está pendente de resolver a convocatoria extraordinaria de Plans de Sustentabilidade Turística, financiada con cargo ao Plan de Recuperación. Esta resolución permitirá sumar novos destinos aos dous aprobados hoxe polo Consello de Ministros. Neste punto, o delegado lamentou que a Xunta estea a presentar os destinos escollidos cando a convocatoria segue sen resolver.