Jose Miñones traslada aos medallistas olímpicos de Galicia o compromiso do Goberno cun deporte igualitario, inclusivo e que sexa un dereito da cidadanía

Jose Miñones traslada aos medallistas olímpicos de Galicia o compromiso do Goberno cun deporte igualitario, inclusivo e que sexa un dereito da cidadanía

23/12/2021

O delegado do Goberno felicitou a todos os galegos e galegas que competiron nas citas olímpicas por levar a Galicia nas súas competicións e situala no mapa olímpico mundial

Agradeceulles que desen á poboación galega grandes momentos de alegría e de superación nun ano marcado pola pandemia


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, recibiu hoxe a seis deportistas de Galicia que *consigueron unha medalla nos pasados Xogos Olímpicos e *Paralímpicos de Tokio. En concreto, reuniuse con Nicolás Rodríguez (medalla de bronce en vela 470), Iván Villar (medalla de prata en *futbol), *Adiaratou Igrexas (medalla de ouro e de prata en *atletimos nas modalidades de 100 e 400 *m lisos), Rodrigo *Germade e Carlos Arévalo (medallas de prata en piragüismo na categoría *K4 500*m) e Juan Antonio *Saavedra (medalla de bronce na proba de *carabina tendida 50 metros).

O delegado remarcou que o Goberno de Pedro Sánchez quere responder as necesidades dos deportistas profesionais co mesmo grao de compromiso que manteñen estes con as súas disciplinas.

José Miñones explicou que o Goberno traballa nunha Lei do Deporte, aprobada este mes en Consello de Ministros, que “entende o deporte como un dereito, que avoga por un deporte máis igualitario e inclusivo definindo ao deportista profesional e ao de alto nivel e alto rendemento”.

Un compromiso que se estende aos investimentos. Nesta liña, José Miñones detallou que o Goberno acaba de transferir á Xunta preto de 2 millóns de euros para renovar instalacións dos centros de alto rendemento e tecnificación deportiva.

Exemplo de superación e constancia

Na súa reunión coa medallista e os medallistas, o delegado trasladoulles as súas felicitacións e fíxoas extensivas ao conxunto de galegos e galegas que integraron as expedicións galegas nas últimas citas olímpicas. Destacou é que o froito de anos “de duro traballo, máis aínda neste ciclo olímpico que se alongou pola pandemia”.

En paralelo, agradeceulles que, coa súa presenza e triunfos, desen á poboación galega grandes momentos de alegría e exemplos de *superiación nun ano difícil marcado pola pandemia. E, ademais, que co seu papel situasen a Galicia no mapa olímpico: “ Por dar a coñecer a nosa terra e demostrar a valía dos nosos deportistas. Que podemos competir, que competimos e que ademais podemos gañar aos mellores e as mellores”