María Rivas destaca que máis de 16.000 persoas xa se benefician na Coruña do Ingreso Mínimo Vital aprobado polo Goberno

28/12/2021

A subdelegada do Goberno subliña que a nova norma garante este dereito social e fortalece o Estado de Benestar “para non deixar a ninguén atrás”


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou hoxe que xa son máis de 16.000 as persoas que se benefician na provincia coruñesa do Ingreso Mínimo Vital.

Na actualidade,  36.892 galegos e galegas son beneficiarios deste novo dereito, e son 16.248 as persoas residentes na provincia da Coruña as que teñen dereito a esta prestación. No caso de Lugo, o número de persoas beneficiarias é de 5.290; en Ourense son 4.572; e en Pontevedra 10.782.

Desde a súa creación, na Comunidade Autónoma aprobáronse un total de 30.094 resolucións, beneficiándose desta axuda 23.958 adultos e 12.934 menores. Neste sentido, a subdelegada do Goberno destacou que “desde o Goberno somos conscientes de que aínda queda moito por facer, pero seguimos traballando cun obxectivo claro: lograr a recuperación pero non a calquera prezo, senón cunha recuperación xusta e que non deixe a ninguén atrás”.

Nesta liña, indicou que a nova lei aprobada recentemente polo Congreso dos Deputados incorpora unha serie de melloras dirixidas a ampliar a cobertura de colectivos especialmente vulnerables e a facilitar e axilizar o acceso a esta prestación. Entre as medidas introducidas polo novo texto normativo, ao que puideron contribuír organizacións da sociedade civil e partidos políticos, atópanse os novos complementos de axuda á infancia e ás persoas con discapacidade.

Así mesmo, a nova norma facilita o acceso á prestación,  exceptuando do cómputo de rendas as prestacións que reciben as persoas por dependencia ou subsidios por desemprego,  e garante a axuda no caso de situacións de pobreza sobrevinda.

María Rivas subrayó también que la nueva regulación del Ingreso Mínimo Vital permitirá fortalecer el Estado de Bienestar “y la construcción de un país más justo, equitativo y digno”.