María Rivas apela á responsabilidade para o cumprimento da normativa sanitaria

31/12/2021

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu hoxe unha reunión extraordinaria de coordinación das forzas e corpos de seguridade ante as novas medidas previstas polas autoridades sanitarias debido ao aumento na incidencia da Covid-19. Na reunión, celebrada na Subdelegación do Goberno, participaron mandos do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil, así como da Policía Autonómica, ademais das policías locais da Coruña, Santiago e Ferrol, que estiveron presentes de maneira telemática.

María Rivas explicou que o obxectivo da reunión foi a analizar as novas limitacións e restricións anunciadas pola Xunta de Galicia para o período comprendido entre a madrugada do 31 de decembro  e o 18 de xaneiro. As liñas principais de actuación das forzas e corpos de seguridade do Estado estarán centradas no control do lecer nocturno, evitar a existencia de concentracións públicas e o correcto uso da máscara.

Neste sentido anunciou que se establecerán dispositivos de seguridade para garantir o cumprimento das novas medidas, tanto no referido a as restricións en horarios dos establecementos de hostalaría como ás restricións horarias establecidas ou a posible celebración na provincia de concertos ou eventos masivos con motivo das festas do Nadal, co control incluído de polígonos industriais ante a posible celebración de eventos en naves e locais.

A Policía Nacional e a Garda Civil coordinarán conxuntamente coas policías locais e Policía Nacional Adscrita os operativos que se establecerán nos distintos concellos da provincia para dar cumprimento ás medidas restritivas impostas pola Xunta de Galicia.

La subdelegada destacó la fundamental importancia de la colaboración y coordinación institucional para luchar contra la pandemia y disminuir el impacto de la propagación y transmisión comunitaria del virus.

María Rivas reiterou, ademais, o chamamento á prudencia e responsabilidade dos coruñeses e coruñesas para que sigan cumprindo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias, tamén en Fin de Ano e no resto das festas do Nadal.

A subdelegada do Goberno trasladou de novo o seu agradecemento aos mandos da Policía Nacional, e Garda Civil, da Policía Autonómica e das policías locais da Coruña, Santiago e Ferrol polo extraordinario esforzo realizado e polo seu gran traballo para asegurar o cumprimento na provincia das restricións establecidas en cada momento polas autoridades sanitarias.

Esta felicitación fíxoa ademais extensiva ao resto de policías locais da provincia así como ás agrupacións de voluntarios de protección civil que colaboraron nos dispositivos de seguridade.

María Rivas destacou neste sentido a excelente coordinación e colaboración existente entre as diferentes policías e a garda civil, que quedou demostrada en diferentes operativos desenvolvidos durante as últimas semanas especialmente nas zonas de maior incidencia do lecer nocturno.

A subdelegada do Goberno volveu a reclamar á cidadanía a imprescindible responsabilidade individual e colectiva xa que os riscos de contaxio seguen estando presentes.