A Delegación do Goberno informa de que a Garda Civil ha realizado 28 detencións relacionadas cos incendios forestais durante o ano pasado

A Delegación do Goberno informa de que a Garda Civil ha realizado 28 detencións relacionadas cos incendios forestais durante o ano pasado

08/01/2022

O delegado do Goberno subliña o traballo e entrega dos axentes deste corpo na loita contra o lume en Galicia

Siete de cada diez detenciones se realizaron entre los meses de mayo y septiembre

José Miñones reitera que o Goberno seguirá prestando a máxima colaboración na prevención e loita contra os incendios e na investigación das súas causas


A Delegación do Goberno en Galicia informou hoxe de que a Garda Civil sumou un total de 28 persoas detidas ou investigadas por incendios forestais na comunidade durante o ano 2021.

O período con maior actividade foi de maio a setembro, onde se rexistraron 19 detencións, aglutinando case o 70 % das actuacións de todo o ano. Por meses, destaca o de maio, con 7 persoas detidas ou investigadas (5 en Ourense, 1 na Coruña e outra en Lugo). Marzo, abril, xuño, xullo, agosto e setembro acumularon o mesmo número de detencións mensuais, 3.

Por provincias, Ourense acumulou 13 persoas detidas ou investigadas, o que supón o 46% do total de Galicia. Séguenlle, por orde, Lugo con 7, A Coruña con 5, e Pontevedra con 3.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quixo agradecer “o intenso traballo e entrega dos axentes deste corpo na loita contra o lume e na investigación das súas causas”.

Así mesmo, reiterou que o Executivo seguirá prestando a máxima colaboración na prevención e loita contra os incendios forestais alí onde sexa necesario en Galicia co obxectivo de minimizar a afección dos lumes e, sobre todo, garantir a seguridade da poboación.

Esta cooperación *exténdese á investigación das causas dos lumes, na que a colaboración cidadá é moitas veces chave para identificar os autores. Neste sentido, o delegado quixo lembrar a importancia de avisar aos Corpos e Forzas de Seguridade sobre calquera imprudencia ou conduta incendiaria para facilitar as investigacións e a detención dos posibles autores.