José Miñones subliña o apoio do Goberno para facer do termalismo en Ourense un motor económico, turístico e demográfico da provincia

José Miñones subliña o apoio do Goberno para facer do termalismo en Ourense un motor económico, turístico e demográfico da provincia

18/02/2022

A través do Plan de Sustentabilidade Turística Ourense Termal, cofinanciado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe o apoio do Executivo para facer do termalismo en Ourense un motor económico, turístico e demográfico da provincia. Fíxoo no acto de presentación do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Ourense Termal”, que reuniu no Balneario de Laias aos responsables das administracións implicadas no seu desenvolvemento.

“Ourense Termal” mobilizará 3,09 millóns euros no próximos tres anos a través do cofinanciamento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense. José Miñones destacou que este ambicioso “proxecto” *ejemplifica a colaboración entre administracións polo interese público e del sinalou que contribuirá á modernización destes destinos, facéndoos máis sustentables, impulsando as empresas locais e o emprego “co que tamén contribuiremos a frear o despoboamento nesta provincia”.

Así mesmo, explicou que “este Plan representa unha oportunidade para *desestacionalizar o turismo, captando máis segmentos de público e articulando unha oferta turística combinada con outros servizos relacionados co patrimonio natural, co *enoturismo ou co deporte”. E resaltou a chegada da alta velocidade a Ourense e a celebración do Xacobeo como factores engadidos que beneficiarán a súa execución.

Apoio ao turismo en Ourense

José Miñones remarcou o impulso do Goberno polo desenvolvemento do turismo sustentable en Ourense, con investimentos de 16,2 millóns de euros. Ao plan Ourense Termal, súmase o Plan de Sustentabilidade Turística para consolidar o destino da Ribeira Sacra. Neste plan benefícianse 12 concellos da provincia.

Xunto a estes proxectos, o Goberno investirá 14 millóns de euros na recuperación e posta en valor turística do patrimonio de Monterrei.

Plans de Sustentabilidade Turística

O delegado do Goberno informou de que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo abriu xa a convocatoria común para este ano dos Plans de Sustentabilidade Turística. Esta convocatoria foi acordada onte pola Conferencia Sectorial de Turismo e conta cun orzamento estatal de 23 millóns de euros. As entidades locais que desexen participar desta convocatoria poden facelo ata o 31 de marzo. Tamén este ano haberá unha convocatoria extraordinaria financiada con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliencia.

“Nos últimos dous anos o Goberno apoiou os destinos turísticos en Galicia con 20 millóns de euros”, indicou o delegado, explicando que o Goberno creou estes Plans en Destino como un mecanismo extraordinario de reactivación do sector turístico ante a grave afección da pandemia.