Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero (V Edición)

Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero (V Edición) A SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN PONTEVEDRA convoca por quinto ano consecutivo o seu concurso escolar contra a violencia de xénero na dobre categoría de fotografía e vídeo. Os seus obxectivos son incrementar a concienciación e sensibilidade do alumnado ante a violencia de xénero e fomentar a creación artística.

Nesta sección poderás acceder ás BASES e ao MODELO de Autorización de menores, que deberán presentar todos os participantes menores de idade.

O PRAZO de presentación de traballos finaliza o próximo 10 de novembro ás 17.30 horas.

Máis INFORMACIÓN en: concurso25N.pontevedra@correo.gob.es

Bases da convocatoria

Modelo de autorización