Manuel Cortina

Desde o ano 1986, a Secretaría de Estado para a Administración Pública, ata entón dependente do Ministerio da Presidencia, foi adscrita ao Ministerio de Administracións Públicas, instalándose na sede de María de Molina.

Neste edificio do complexo Eurocis, o Ministerio dispón, actualmente, das plantas da terceira á novena; unha zona da planta segunda; parcialmente, os sotos primeiro e terceiro, destinados a aparcadoiro; o soto cuarto, onde se atopa situado o Arquivo da Dirección Xeral da Función Pública e unha planta baixa, con acceso directo desde a rúa de María de Molina, 50, na que está instalado o Centro de Información Administrativa.

Atópanse situadas neste edificio, as Direccións Xerais da Función Pública, de Modernización Administrativa e de Inspección, Avaliación e Calidade dos Servizos, dependentes da Secretaría Xeral para a Administración Pública; a Subdirección Xeral de Tecnoloxías da Información e Comunicacións; así como unha Oficina de Rexistro Xeral do Ministerio e persoal delegado, dependentes da Subdirección Xeral de Oficialía Maior, adscritas ambas Subdireccións Xerais, á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Programación Económica e Administración Periférica, adscrita á súa vez á Subsecretaría do Departamento.