Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico

O Consello de Ministros aprobou o 27 de xaneiro de 2017 un Real Decreto polo que se crea o Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico, regulando o seu funcionamento.

O desequilibrio da pirámide poboacional, fenómeno común nos países da nosa contorna, é especialmente grave en España, dez CCAA contan cun saldo vexetativo negativo. Prognosticouse unha perda de máis de medio millón de habitantes en 2031 e máis de cinco millóns de habitantes en 2066.

A Conferencia de Presidentes, o 17 de xaneiro de 2017, acordou impulsar medidas específicas e encomendou ao Goberno de España, coa colaboración das distintas AAPP, elaborar unha Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico.

Comisionada do Goberno para o Reto Demográfico:  Isaura Leal Fernández