Local

O artigo 137 da Constitución Española establece que o Estado se organiza territorialmente en municipios, en provincias e nas Comunidades autónomas que se constitúan; engadindo que todas estas entidades gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses. No ámbito das Entidades locais, a Constitución outorga unha especial relevancia aos municipios, ao garantirlles a súa autonomía no artigo 140, á vez que establece que o seu goberno corresponde aos seus respectivos Concellos.

Partindo desta prevalencia do municipio, o artigo 141 prevé a existencia doutras entidades locais que se configuran como agrupacións de municipios, que son a Provincia e a Illa, así como outras que poidan crearse.

A normativa básica reguladora das Entidades que constitúen a Administración local está contida na Lei /1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases da Administración Local. Nesta norma regúlanse as institucións de goberno local e as competencias que lles corresponden.

Ademais, en desenvolvemento desta Lei, as Comunidades Autónomas aprobaron as súas leis respectivas que desenvolve a normativa básica, para o que se teñen en conta, sobre todo, as peculiaridades do seu territorio e a distribución da poboación en cada Comunidade Autónoma.

Igualmente, as diferentes leis sectoriais contan frecuentemente con previsións e referencias ás atribucións das Entidades locais, polo que tamén han de ser tidas en conta para coñecer con exactitude as competencias locais en cada Comunidade Autónomas e en cada sector de actividade.

As entidades locais actualmente existentes en España son as seguintes.

  • O Municipio. Son 8.117 e constitúen a entidade básica da organización territorial do Estado e as canles inmediatas de participación cidadá nos asuntos públicos.
  • A Provincia. O territorio español conta con 50, aínda que nas 7 Comunidades Autónomas uniprovinciales as súas atribucións son asumidas polas correspondentes Comunidades Autónomas.
  • A Illa. En total son 11, Illes Balears (4) e Canarias (7).
  • As Entidades de ámbito territorial inferior ao municipio instituidas ou recoñecidas polas Comunidades Autónomas. Na actualidade son 3.719.
  • As Comarcas ou outras entidades que agrupen varios Municipios, instituidas polas Comunidades Autónomas. Na actualidade son 81, que se localizan en Cataluña (41), Aragón (32), País Vasco (7) e Castela e León (1, O Bierzo).
  • As Áreas Metropolitanas. Son 3, situadas en Cataluña (1) e Comunidade Valenciana (2).
  • As Mancomunidades de Municipios. Na a actualidade son 1.018, que afectan a 6.190 municipios, é dicir ao 76 % do total.

Por último, a atención dos servizos que prestan as Entidades locais require duns recursos financeiros que periodicamente son revisados e que se fixeron efectivos mediante as sucesivas reformas normativas da Lei de Facendas Locais. Estas reformas supuxeron diferentes modificacións e adaptacións a unha realidade cambiante e se han ido aprobando conforme as Entidades locais dispoñen de novas responsabilidades e deben atender novos servizos públicos e demandas cidadás.

Ligazóns destacadas