Programa de Cooperación Económica do Estado e outras liñas de cooperación

A Cooperación Económica Local do Estado está regulada, esencialmente, no Real Decreto 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado aos investimentos das entidades locais (modificado polo Real Decreto 1263/2005, de 21 de outubro) así como na Orde APU/293/2006, de 31 de xaneiro, de desenvolvemento e aplicación do mesmo. Nestas normas establécense diversas liñas de cooperación, por exemplo, a achega aos investimentos incluídos nos Plans provinciais e insulares de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal.

Doutra banda, diversas leis de Orzamentos Xerais do Estado ou outras disposicións de carácter xeral, estableceron liñas adicionais de cooperación económica do Estado coas entidades que integran a Administración Local.