Acordo de Consello de Ministros de 7 de setembro de 2018

MEDIDAS ADOPTADAS

Acordo de Consello de Ministros de 7 de Setembro de 2018, polo que se declaran a Comunidade Valenciana e o municipio de Tui (Pontevedra) "zonas afectadas gravemente por unha emerxencia de protección civil", como consecuencia dos incendios forestais acaecidos no mes de agosto de 2018 e da explosión de material pirotécnico o pasado 23 de maio, respectivamente.

A fin de paliar os danos persoais e materiais producidos, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil, o citado acordo determina a adopción de varias medidas, detallándose as seguintes,  relativas á Cooperación Económica Local:

"Cuarto.Danos en infraestruturas municipais e rede viaria das deputacións provinciais"

Aos proxectos que executen os concellos, as deputacións provinciais, as mancomunidades nos termos municipais e núcleos de poboación, relativos ás obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal, incluídos no artigo 25.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e da rede viaria das deputacións provinciais, aplicaráselles a tramitación de urxencia e poderáselles conceder unha subvención de ata o 50% do seu custo, excluídos destas axudas os traballos levados a cabo con medios propios da entidad local, xa sexan materiais, maquinaria ou persoal.